Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Índice de desenvolvemento humano

viernes, 24 de noviembre de 2006
Nos anos sesenta foron famosos en España os Plans de Desenvolvemento dos que foi gran artífice Laureano López Rodó, Ministro que repartía as súas querencias entre o progreso do país e as crenzas exclusivas dunha suposta obra divina.

O Plan remataba ahí, no desenvolvemento, sen calificativos. Porque desenvolverse era primordial, valor absoluto, sen máis consideración. Ou non existían, ou non se coñecían.

Agora, é diferente. Progresamos, desenvolvémonos, pasamos de enviar emigración a recibir inmigración… e descubrimos que hai algo máis que o progreso, o desenvolvemento, o medrar sen ningunha outra consideración. Atopamos que pode haber un desenvolvemento “humano”, no que a persoa estea situada nun lugar que mereza máis consideración que as frías cifras en blanco ou en bermello.

Este “Índice de desenvolvemento humano” recóllese por primeira vez no Atlas Socio Económico de Galicia, analísase a través das opinións de 2.050 persoas das principais cidades de Galicia, e del obtéñense non só cifras senón ideas, reflíctense as opinións que os galegos teñen de sí mesmos, o que é interesante aínda que as ideas non respondan exactamente á realidade das cifras.

Según se desprende deste estudio, novo e novedoso, os santiagueses son os que máis satisfeitos están coas súas relacións familiares, os coruñeses os que máis satisfeitos están coa súa vida, os vigueses os que mellor estiman o seu estado de saúde… Pouco importa que os lugueses sexan os que posúen mellores niveis de formación, que os coruñeses estean no sexto lugar de renda, e que os compostelanos estean en cuarto lugar en canto á saúde. O que resulta do estudio é o desenvolvemento humano, e a percepción que os humanos teñen dese desenvolvemento.

O desenvolvemento total non depende de industrias coma Ence en Pontevedra ou Endesa nas Pontes, que producen fermosos resultados económicos pero perxudican o medio ambiente, e polo tanto a saúde.

Quizais sexa este o camiño. E esta investigación marque o rumbo do verdadeiro progreso, e da asunción dos resultados deste polos seus directos destinatarios.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES