Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

"Día do voluntariado" (5.12.2001) 

martes, 04 de diciembre de 2001
(Dentro do ano internacional do mesmo)

-¡Quén nolo diría hai uns anos!. Que o Voluntariado ía estar de moda. ¡Somos xa algo máis dun millón no País!. ¡Non somos tan egoistas-coreñas como crían algúns malpensados"!.
Os mellores!.(sen pasarse, digo eu). Abondan: nas rúas, nas aldeas, na Universidade, na Xuventude (¡a máis xenerosa!), na Terceira Idade ("¡hai que ver!, coa falta que lles fai a eles").
Aínda máis: Hai que ver como se lles enche a cara de ledicia-orgullo ós nosos governantes cando teñen a oportunidade de estar con eles e falar da xenerosidade (e calidade) e mesmo do seu desprendemento (tempo-cousas-necesidades) destes exemplares colectivos.
Mesmo os Presidentes (do Governo Central e do Autonómico) non paran de botar gavanzas ós miles de xubilados-pensionistas (¡tamén ós universitarios!) ó tempo que non os teñen en conta, poñamoas por caso, á hora de ir rebaixando a crara discriminación nas prestacións (aquí son cidadáns/ás de 4ª categoría) ou de facerlles caso ós universitarios-profesores -rectores que se botaron ás rúas.
Parece que estou de broma, pero non é así. Só é un xeito de sinalar (¡chamar a atención!) para anunciárlle-lo fondo da cuestión, da realidade social que se está vivir neste noso País.
Craro que é unha regalía e mesmo unha riqueza (en tódolo sensos) a disponibilidade -xenerosidade-altruísmo de tantas persoas dispostas a facer algo polos demáis, mesmo ase sentir útiles (¡e selo, certamente!) e estar dispostos/as a doar tempo-coñecementos-vida -esforzos unha sociedade con sectores oprimidos e necesitados de axuda-compaña (quen os escoite-lles fale-lles faga caso).¡Oxalá siga a medrar esta gran lacena-despensa!. ¡Tamén a dos vellos!. ¡Oxalá, pola contra, non siga a medra-la tentación (¡xa funciona, a todo gás!) de tentar manipular-dirixir esta forza social, (basada na "voluntariedade-gratuidade") para outros fins-intereses inconfesables.
¡Velaí o miolo da cuestión!. Cómpre convertérmonos todos (tamén voste, amigo lector) en defensores-loitadores na buscab de que "as cousas boas" (o voluntariado é unha delas) non se corrompan e/ou perdan a "súa orixinalidade", a súa finalidade primaria-esencial.
O voluntario (que ven de vontade, da capacidade espiritual libre-pensada-querida-elexida, etc.) tén de ser "el mesmo, dono de sí mesmo, (da súa propia vida), do que fai. Tén de participar, non só no traballo-actividades, senón tamén na organización-obxectivos -desenvolvemento, etc. O voluntario non é un funcionario, un mandado nin un asalariado. Isto xa nos acrara moitas cousas. Supoño que coñecen moitos detalles. Témo-la experiencio do voluntariado da "prestación social substitutoria" (obxectores, etc,). Aquilo xa desapareceu. Era un voluntario.

O voluntario é outra cousa. Hoxe en día, é moi apetecible polos poderes establecidos.
Tamén como trampa-tapadeira para moitas cousas. Mesmo lle saen noivos/as-rondadores- desde os mesmos do poder político. Algo debe pasar-acontecer con iste fenómeno. Ó mellor é un andacio. Tamén pode ser que é preciso sacarlle-los cartos ós vellos-xubilados- pensionistas ou entretelosdalgunha maneira. Por eses camiños, non debe ir-andar o noso voluntariado.
Na actualidade, non só nas sociacións,senón tamén noutros Organismos están a se crear "cales de participación". O Concello de Lugo ten promeida unha Oficiña e os outros están niso..
O Governo galego (co Central) busca busca potencia-lo voluntariado nas Universidades.
Mesmo teñen asinados convenios-concierto de colaboración. Disque (segundo a Consellería de Educación) vai se-"la columna vertebral garantindo unha xestión de calidade, poi este sector debe ter sempre como punto de mira "a excelencia" co fin de garanti-lo mellor dos obxectivos posibles: a dignidade humana". (¿Vostedes entenden o que queren dicir?. ¡Eu non!).
A miña-nosa preocupación (despois de 30 anos de voluntario) vén pola banda da manipulación.
Dígoo porque non só hai síntomas senón que xa apareceu o mal. Estudiantes-xubilados-parados poden ser un bo soporte para carreto de votos e/ou doutras cousas. Mesmo un camiño aberto para o acceso a un posto de traballo e/ou algunhas prebendas perdidas.
O voluntario debe ser obxecto-lugar para o seu crecemento persoal e para a potenciación das súas capacidades. A educación e a cultura convertéronse en obxecto de consumo, que non buscan o desenrolo das capacidades humanas das persoas senón os intereses duns poucos.
Outro perigo: a propia Lei do Voluntariado (a esdtatal) chega a interpreta-lo traballo do voluntario coma unha "contraprestación-incentivo-premio, etc.". ¿A cambio de que!?.
Nós loitamos polo "Voluntariado-voluntario: libre, solidario, independiente, formado, responsable, participativo,organizado (non chega o voluntarismo), gratuíto (ou sexa, sen contracontraprestacóns-incentivos-rebaixas-puntos-oportunidades...) Por un voluntariado-voluntario! Sen apelativos.
Remato cunha frase da que non lembro o autor: "O voluntariado é unha iniciativa cidadá para a mellora da sociedade. Non pode chegar desde as Institucións. Sería sempre mediatizada."
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES