Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aspnais, de cincuenta en diante

miércoles, 04 de mayo de 2016
Eu fun dos que quixo ser da primeira quenda da xente que Xulio Xiz convidara para coñecer por dentro ese mundo no que vos desenvolvedes e confeso que tanto nasArieiras como na Rampa,quedei sorprendido da seriedade con que faciades o labor ao que estabades dedicad@s.Seguramente moitas veces a partir dese día me viredes á cabeza. Quizais cando teña diante de min un obxecto decorativo ou de cerámica ou cando limpe os zapatos nun rodapés ou enxaugue co mocho o que aínda soltan os zapatos ou cando desenvolva a pedriña de azucre para botarlle ao café.Dificilmente me esquecerá mirar se o prato de polbo ten a raíña esa que é o voso distintivo. Seguro que nel sabe moito mellor. É doado que algunha vez,o mantel e mailo pano de mesa dalgún restaurante onde coma, estiveseo día antes na vosa lavandería e farame evocarvos de forma máxica. Tamén asociarei os xardíns fermosos con ese voso tan coidado a carón do edificio da Rampa. Pero sobre todo nunca esquecerei o voso homenaxe a Rosalía no día do seu aniversario neste 2016. O día 24 de Febreiro, lembrades?

Como representante en Lugo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e en nome do meu compañeiro e tamén vocal Antonio Reigosa, que ese día non puido asistir por asuntos familiares, douvos as grazas. Dámosvos as grazas a vos, a Xulio, a todo o persoal que vos atende, aos vosos pais e titores e a todas as persoas benfeitoras que se preocupan polo voso acomodo.

Pero non quero que o meu agradecemento vos pareza aburrido como un
bocadillo de pan só, así que, aínda que humilde, fíxenvos de compango un soneto para que lembredes ese día de Rosalía e voso:

PARA AS AMIGAS E AMIGOS DE ASPNAIS

Lembro o voso cincuenta aniversario,
porque visitei a Asociación un día
de xaneiro do ano no que cumpría
celebrar ese longo itinerario.
Pareceume un mundo extraordinario
o voso, do que pouco coñecía,
e por iso o día de Rosalía
na vosa voz coidamos necesario.
Primeiro fora ver o de Arieiras,
seguidamente o que tedes na Rampa
e quedei convencido que en Aspnais
non só sodes xentes alegres e riseiras
nas que acotío o bo talante campa,
senón que amais sodes moi profesionais.


Por certo, que ricos estaban os petiscos!!!

isidro novo-2016
Novo, Isidro
Novo, Isidro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES