Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A muller no día da nai

lunes, 02 de mayo de 2016
Este domingo foi o Día da Nai. Ou sexa, da muller, pois coida un que toda muller é nai, aínda aquela que, polas circunstancias que sexan, non chegou a enxendrar un fillo. E é así porque elas albergan no mais íntimo do seu ser a sensibilidade, a vocación e o espíritu maternal,con independencia do que a vida lle deparase; de igual forma que a que ten un fillo e o perde, nunca deixa de sela, aínda que non volvera a parir.

Conta a lenda que ó principio do mundo, cando Deus creou á muller, percatouse de que esgotara tódolos materiais nobres formando ó home, e non dispuña de mais. Ante o problema, e despois de fonda meditación, fixo o seguinte: tomou a redondez da lúa; as suaves curvas das ondas; a garimosa adhesión da enredadeira; a esbelteza da palmeira; o tinte delicado das flores; a amorosa mirada do cervo; a alegría do sol e as bágoas das nubes; a fidelidade do can; a timidez da tórtola e a vaidade do pavo real; a suavidade da pluma do cisne e a dureza do diamante; a dozura da pomba e a crueldade do tigre; o ardor do lume e a frialdade da neve.

Con tan desiguais ingredientes formou á muller e deulla ó home. Tras dunha semana veu éste e díxolle: -“Señor, esta criatura faime desditado: quere toda a miña atención, nunca me deixa só; charla sen parar, chora sen motivo, parece que se devirte ó facerme sufrir, e veño devolvercha porque non podo vivir con ela”.

-Ben -contestou Deus- e quedouse coa muller.

Pasou outra semana, volveo o home e díxolle:
“Señor: atópome moi só desde que che devolvín a criatura: ela cantaba e xogaba comigo; mirábame e a súa mirada era unha caricia; ríase e a súa risa era música; era fermosa á vista e suave ó tacto. Coidábame e protexíame; dábame dozura, tenrura, comprensión e amor. Por favor, devólvema que non podo vivir sen ela”. “Xa vexo- dixo Deus - como agora valoras as súas cualidades; eso alégrame. Podes tela de novo, porque foi creada para ti. Pero endexamais esquezas coidala, amala, respetala e protexela porque, de non ser así, corres o risco de perdela para sempre…”.

“Para honrala o home, bástalle á muller que muller sexa” (M. Curros Enriquez).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES