Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estiven no cárcere: Outra Xustiza é posibel

viernes, 22 de abril de 2016
No Catecismo de Astete, xa de nenos, ensinábannos como valores fundamentais na vida as catro virtudes cardinais: Prudencia, xustiza, fortaleza e temperanza. A Xustiza transcende ao Dereito. Un Dereito que non asente na Xustiza seguro que non é xusto.

O tema é amplo, complexo e altamente especializado. Unha cita :“Otro derecho penal es posible: la cárcel no es la única solución, ni la mejor”. “Jueces, fiscales, catedráticos de derecho, profesorado, abogados, psiquiatras, médicos, sociólogos, entidades, organizaciones y ciudadanía de a pie, engrosan la lista de adhesión a la Plataforma Otro Derecho Penal es Posible, cuyos objetivos son informar de los problemas y carencias del funcionamiento del sistema penitenciario español y “HUMANIZARLO”, creando un derecho penal que genere la mínima violencia personal posible, garantice el respeto a los derechos fundamentales y proteja los intereses legítimos de reparación material y emocional a las víctimas”. (www.masvoces.org . Mallorca,23-06-2010).

A Pastoral Penitenciaria debe ter isto moi presente nas súas liñas mestras de relación, actuación e presenza nos distintos lugares e ámbitos: Vítimas. Cárceres. Presos. Familias.Voluntarios.Funcionarios. Xurídicos. Sociedade. Igrexas. Universidades. Sociedade en xeral. Etc. A Pastoral Penitenciaria ten de ser xusta e loitar pola xustiza. Por iso cómprenos coñecer os seus obxectivos e medios de actuación.

Que é iso da Pastoral Penitenciaria? É acción da Igrexa, de toda a comunidade crente, que pretende: 1) Levar aos homes e mulleres privados de liberdade a paz e a serenidade de Cristo resucitado. 2) Ofrecer a quen delinque un camiño de rehabilitación e reinserción positiva na sociedade. E atender ás vítimas. 3) Facer todo o posíbel para previr a delincuencia.

Non é só un plan de asistencia relixiosa senón un plan de atención integral á persoa concreta segundo as súas necesidades e no marco dos Dereitos Humanos. Non está limitada só aos muros carcerarios e debe actuar en tres áreas: xurídica, social e relixiosa

O cárcere é “como a desembocadura dun longo río social” con orixe en moitas fontes e con afluentes de moi diversos percorridos.Neste plan pastoral están os seguintes ámbitos: 1)A prevención. A loita multidisciplinar e coordinada para evitar esa desembocadura dolorosa, creando oportunidades para que cada persoa acade o seu desenvolvemento integral e integrador. A delincuencia xérase nos sistemas dunha sociedade inxusta, marxinadora, desigual, escravizante, empobrecedora, etc.

E cómpre actuar por un desenvolvemento humanizado e humanizador nas cidades, nas nosas barriadas e aldeas, contra a trata e abuso de persoas e contra as estruturas da inxustiza e criminalidade. 2) O acompañamento, comprensión, alento e axuda durante o internamento. Que difícil nos resulta cando alguén nos fixo dano non seguir respirando pola mesma ferida. Que podreza no cárcere! Unha ferida sempre aberta e mal curada é mala para todos. Segue a producir moita dor, inféctase e mesmo contamina. O único que reporta é unha inmensa soidade para quen a padece e para todos. E mellor sandarse.Axudar a saír das miserias crea grande gozo na alma.3)A reinserción, rehabilitación e resocialización. «O cárcere é durísimo». “A sociedade non é consciente do que supón estar preso; é unha devastación vital”. Unha sociedade mídese tamén por abrir portas á misericordia e rehabilitar. “Odia o delito e compadece ao delincuente”, dixo Concepción Arenal.

Atender ás vítimas. Elas son as grandes esquecidas. Todos somos inxustos con elas.Deixámolas aí, soas, invisíbeis e invisibilizadas.

”Os días, con gozos e con penas, deixaron ao pasaren marcas na alma. Igual que no camiño os nosos pés foron marcando cada unha das pegadas”. As marcas da alma leva anos curalas. Na sociedade axiña etiquetamos e damos todo por perdido.Cómpre aprendermos a axudar axeitadamente a curar as feridas.“O cárcere non é nin o único nin o mellor dos sistemas sociais de resolución de conflitos.

Mentres este tema non o xestionemos favorablemente, outro mundo mellor non será posíbel”. Abrir portas á misericordia supón saber acoller e ofrecer segundas oportunidades. Unha sociedade que condena e illa para sempre ao débil ou ao que se equivoca, que non ofrece saídas dignas a cada ser humano, leva dentro de si mesma un cancro de morte que tarde ou cedo vaina destruíndo vitalmente. O perdón e a longanimidade son dons e froitos do Espírito de Deus, señor e dador de vida, que toda unha comunidade ten de ter no seu ADN.

O ideal é andar cara a un proceso de Xustiza Restaurativa: Unha resposta sistemática fronte ao delito. Centrada, máis que no castigo inmisericorde, na cura e coidados para sandar todas as feridas causadas en vítimas, delincuentes e comunidades. Outra xustiza é posíbel exa se está abrindo camiños.

“Oh Deus, concédenos serenidade para aceptar as cousas que non podemos cambiar; valor para cambiar as que poidamos cambiar e sabedoría para coñecermos a diferenza; vivindo un día cada vez, desfrutando un momento cada vez; e aceptando as adversidades como un camiño cara a paz”.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania