Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fantasías 'ourensenses' nº3

martes, 12 de abril de 2016
Nos tempos que corren, que te metas de pronto nunha sala colectiva con outro milleiro de persoas e recibas un masaxe nos sentidos que te afastan do mundo durante case tres horas e te colocan nun estado próximo á abstracción é un luxo que, coma o anuncio da televisión, non ten prezo.

Se cadra, nestes intres pode estar pensando que son un esaxerado e que esas cousas só pasan nas películas ou, non peor dos casos, nesas éxtases colectivas das sectas que non ven outro camiño có que marcan as palabras sobreactuadas de calquera predicador.

Pero non. Se vostede é un dos mil afortunados que gozaron da pracenteira regalía que supuxo para todos nós asistir ó concerto que o pasado sábado pola noite ofreceu no auditorio da capital o violinista libanés de orixe armenio e actual nacionalidade española, Ara Malikian, saberá perfectamente do que estou falando, se non é que aínda di para os seus adentros que me estou quedando curto na apreciación.

E é que, certamente, nos tempos que corren, nos que formamos parte dun inmenso e interminable vodevil que nos desnorta, fainos perder a perspectiva e nos obriga en moitos casos a vivir nun estado cotián de permanente excitación, cada vez se agradece máis que haxa xente que sexa capaz, coa súa arte, de sacarte da realidade e transportarte -aínda que só sexa por unha horas- a un país de fantasía no que os acordes imposibles e as palabras harmonizadas sexan quen de colonizarte completamente e instalarte nunha atalaia da que non quixeras baixar nunca.

E iso -insisto, non estou esaxerando- foi o que fixo con todos nós o pasado sábado no auditorio de San Francisco, Ara Malikian co seu violín e cun pequeno grupo de excelentes músicos que o acompañaron nun concerto que estou seguro de que será recordado por moitos durante moito tempo.

Non era eu un seguidor -digamos friki, coma os que seguen os pasos da Panorama por tódalas aldeas de Galicia- do violinista agora madrileño, aínda que sí sabía do seu virtuosismo co instrumento e a súa rompedora heterodoxia respecto da súa interpretación e aínda que me acheguei ó auditorio expectante, por nada do mundo imaxinaba canto arte sonoro se pode crear con tan só catro cordas e un sufrido arco de fíos que non sei cómo aguantou.

Sinceramente, igual que a lle aconteceu co xamón ibérico, Ara Malikian pasou durante tres horas pola miña vida e algo mudou.

E para poñerlle o ramo, coa súa voz pausada e cadenciosa, mesmo nos dedicou unha peza. "Fantasías ourensenses¿? Nº 3", foi como a titulou. E con elo abriume a min a imaxinación para caer nunha singular conclusión. É dicir, que os ourensáns incluso no xentilicio temos personalidade propia respecto dos coruñeses, os lucenses e os pontevedreses. Ou non?
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES