Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As cousas do Toliño (VII): Aí o tés, ó maragato de Aindatés

viernes, 11 de marzo de 2016
Estaba o Toliño falando cuns mariñeiros no porto de Celeiro. Barullaba e braceaba con moita paixón.

-¿De qué fala?- preguntei eu ó velo tan alporizado.

- Das condicións laborais de istes pobres rapaces indonesios, das cousas que non fala ninguén porque son extranxeiros, porque os sindicatos non parecen existir e porque parece ser que iles están afeitos a que os exploten, que todo lles parece ben. E aiquí viven soportando isa explotación tan rentable para algúns.

- Xa se sabe,iso é o que hai.

-¡ Mal racaniño te leve!¿ Tí tamén es dos que aceptas iso e disme que iso é o que hai? O que hai é o que facemos nós, parviño. Na vida isa frase é unha disculpa para o inmobilismo. Estou ata alí de tan estúpida resignación. O que hai, se non val, haino que cambear. Nós temos a capacidade de cambea-las cousas e saír da miseria loitando por unhas condicións de vida mellor. Mira, aí tés a ise maragato de Aindatés. Hoxe é unha potencia económica de primeiro orden, con milleiros de lamecús o seu derredor e, iso sí. facéndose multimillonario levando as fábricas á India ou a calquera país de miseria.

- Así funcionan as empresas…

-¿E as empresas están lexitimadas para esclaviza-los obreiros? ¿ Matalos cós productos químicos que utilizan?, ¿Telos controlados con armas como fan no Congo cós nenos que traballan nas minas do coltán, ise que se utiliza para face-los móbiles?.

- O mundo da empresas tén isas cousas.

- Non, pampiño, non. As empresas non teñen porque funcionar así. Certamente as empresas dependen moito de quen ou quenes as dirixan, pero tamén do traballo e responsabilidade do obreiro. As empresas e os empresarios son moi necesarios, pero iso supón tamén que os beneficios sexan repartidos dun xeito equilibrado e eiquí está o miolo da cuestión. Hai empresarios que só buscan a súa rentabilidade para seren ricos e mercar moitas trapalladas coma coches, chalés ou similares, sen importarlles o que gaña o obreiro e se vive con decoro, pola súa banda tamén hai obreiros golfos que non respetan á empresa e róubanlle xa sexa con baixas falsas, escaqueándose da faena ou sen coida-la empresa. O que ocurre é que algúns dos que falo non son empresarios, senón ladróns, asasinos… que andan pola vida cunha aureola de triunfadores e no fondo de si mesmos saben que minten, rouban e maltratan á xente. Unha cousa é ser empresario e outra distinta explotador. O bó empresario non é o que se expande máis, nin o que presume de mais cartos, non, o bó empresario decátase das necesidades dos seus obreiros e de que a riqueza que xenera a empresa require ser reinvertida en I máis D ou en ampliación e coida ós seus empregados coa debida consideración.

-Acó case non hai empresas...

- Acó somos o cú do mundo, neno. Acóchegamos ó Fisterra porque no mar aínda non vive a xente, a non ser que vaia en barcos. Os celtas non eran tan valentes como nos contan algúns historiadores que, aficioados á fabulación e ás lendas, cóntannos historias valeiras de verdade. E hoxe, mal que nos pese, só somos unha colonia onde, desde ríos ata empresas, son alleos ós nosos intereses. Mira ao derredor e decátate do que pasa. ¿ De quén é a Alúmina? Dos americáns. ¿De quén é a Citroen? Dos franceses ¿De quen é Geriatos? Xa cho dixen o outro día: dun fondo de inversión. E para iso deulle o Concello os tarreos en primeira línea de praia. E si vas a Foz, a Burela ou a Ribadeo atopas cousas parellas.

- Vostede de qué é partidario ¿Da empresa pública ou da privada?

- Se se vai a pagar cos impostos do ciudadán, sempre da pública. A Educación, a Sanidade, os Servicios Sociais e outras cousas parellas nunca poden ser negocio de ningún despabilado…

- Pero si non funcionan…

- Xa estás ti tamén coas falacias dos rapiñas. A empresa pública debe funcionar perfectamente se hai control. Se, polo contrario, permitimos que o médico esteña no bar a todas horas, se o funcionario se escaquea para toma-los viños... Isas cousas amáñoas eu.: a traballar a Alemania, é dicir, chimpalo para fóra send ereito ningún…Xa verías como cando botaran a dous ou tres os máis termaban. O que pasa é que para isas cousas fai falla vontade política e ter algo na entreperna. Hai moitos inspectores, pero están nos despachos, non na rúa facendo isa labor.¿ Ti viches alguna vez a inspección de Sanidade controlando a comida ou os servicios dos bares? ¿Cánta xente sigue a traballar cobrando a xubilación? Son cousas que teñen amaño.

E saiu a fume de caroza, deixándome coma sempre sen rematar. E cantaba: “Resistiré, resistir酔 Xenio e figura.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES