Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un gran pacto polo medio rural

lunes, 09 de octubre de 2006
O medio rural foi o gran perdedor de Galicia na segunda metade do século vinte. Antes, foi a miseria. Despois, a soedade.

Ata os cincuenta, economía de supervivencia, familias numerosas para conseguir manter en pe maltreitas economías familiares que dependían do maior número posible de brazos.

Nos cincuenta, e máis aínda nos sesenta, os galegos do rural despertaron e buscaron mellores destinos fora do campo, e fora de Galicia. Materialmente, os emigrantes progresaron. Espiritualmente, perderon tradicións e traxectoria, desarraigáronse. Pero quen máis perdeu foi Galicia, o campo galego.

Agora Quintana propón un gran pacto nacional en torno ó medio rural, no que entrarían unha lei forestal, unha de prevención de incendios e outra de protección do medio rural.

Os excepticos e os que teñan memoria – que poden ser os mesmos – están autorizados a exclamar: ¡A boa hora!. Pero sempre será bo momento para tentar reconducir unha situación que nos parece irremediable se atendemos ó pasado pero que pode ter solucións de futuro nun momento en que o campo galego non ten nada que ver con aquel pasado que só os máis vellos lembran e que evolucionou da maneira máis doada e menos favorable.

O que propón Quintana pode non ser máis que boas intencións, pero por algo se empeza. Se é bo para o campo, será bo para todos nós e para Galicia.

Era hora dunha boa intención para o campo galego. ¡A ver que sae desta proposta de pacto!. ¡Que sexa para ben!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES