Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Faroliño Carnavaleiro

martes, 09 de febrero de 2016
A evolución do carnaval ó longo dos tempos, fai do de Foz acaso o mais brillante da Mariña. As vellas roupas, anacrónicas e grotescas, esquecidas no fondo dos armarios (“os antroidos” de ille témpore), son sustituídas por grupos e carrozas nos que a fantasía e o luxo rivalidan en mostra que motiva novos pasmos. Comparsas, murgas e charangas, ataviadas con singulares e lucidas vestimentas,lanzan ó ar os sóns que envolven lúdicas e críticas estrofas que con rexouba celebran as xentes do bacanal, presidido pola beleza e a simpatía da Raíña e as Donas de Honra, arquetipos da fermosura e o engado da muller mariñá.

Cando nos “anos escuros” se vetaba o entroido na rúa, era nos locais de lecer onde se celebraban con esplendor. Na memoria de varias xeracións perduran os salóns Rosalía de Castro,La Sociedad, A Peña e o Bahía; foi éste o que, a principios dos 50 implantara o “Faroliño”, baile-concurso de gran beleza plástica que, con utópica ilusión emulaba a elegancia e o “glamour” dos salóns aristocráticos europeos de entre séculos (XIX-XX), inmersa a sociedade no espíritu romántico da época…

A parella dispón dun farol veneciano, multicor, pendurado dunha variña duns 30 cm., suxeita por un extremo pola parella que a mantén en vertical/inclinada, e do outro o farol, cuxa luz debe sobrepasar as cabezas dos bailaríns; con esta iluminación iníciase o baile ó compás do “Vals das Velas”, de Strauss, que é o apropiado, creándose á par un clima de máxica fantasía coa media luz e o corido, tan acolledores, e as nostálxicas música e letra que alguen cantará: “Igual que en viejos tiempos/, con solemne ritual,/ se apaga una a una/ de las velas el brillar./ No importa si el destino cruel/ nos ha de separar,/ por siempre nos querremos, fiel/ de estas horas recordar…”.As luces multicores dos farois, que vibran ó son da música de Strauss e os acompasados ritmos dos bailaríns que, elegantes, dan vida e movemento á escena, ocrean un espectáculo visual e auditivo que é un gozo para espectadores e participantes.

Segundo as velas se apagan, as parellas abandonan o centro da pista e a última é a gañadora. Por moitos anos o “Baile do Faroliño” , de fascinante atractivo, ó que acudían numerosas parellas forasteiras, deu nome e prestixo ós nosos carnavales.

Dende hai 65 anos se celebra este baile que é, sen dúbida, o número histórico do Entroido de Foz e tamén o mais “glamuroso”: as modas e modos evolucionan, non sempre para mellor…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES