Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Muller traballadora, loitadora natural

lunes, 08 de febrero de 2016
Un grupo numeroso da UNED Senior de Xestoso, reunidos na Gurita có noso coordinador, homenaxeamos á muller traballadora. A tí, muller traballadora, loitadora, sufridora, rosa do xardín que dás vida, luz e alegría ó teu fogar.

As tuas mans percorren cada recuncho da tua casa... comidas, roupas, libros pros nenos, un sinfín de cousas que hai que ter sempre presentes.

Cántas preguntas sen resposta temos pra facer sobor das mulleres... O Mundo non existiría sen ellas... de onde saliría a procreación? Se gracias á muller existe toda a Humanidade... Se o machismo dalgúns homes non lles impedise ver a fortaleza interna das mulleres, daríanse conta de que é moi superior a eles.

Dentro das suas entrañas, e durante nove meses, vai dando vida, sangue, comida, osíxeno... a ese ser indefenso, protexeo con todo o agarimo ó tempo que segue a desenvolver os seus dous traballos, o da casa e máis o de fora. Por iso penso que debería haber moito máis aprecio e consideración de cara ás mulleres.

E cando sa temos nos nosos brazos a eses seres tan indefensos solo pensamos no mellor pra eles, e tampouco pensamos que elgun dia el non vay saber balorar, e respetar o traballo da sua parella cando ela e muller coma a sua Nai,

Moitas delas soas, coma as dos mariñeiros, as dos emigrantes ou outras, por distintos motivos da vida, tendo que facer de nai e pai, e enfrontarse ó traballo de fóra e de dentro da sua casa, botando moitas contas para chegar a fin de mes e, sobor de todo no rural, facendo traballos demasiado pesados.

Con tractores ou arados, ou pelexando cós animáis, e pensando na responsabilidade de educar ben ós fillos, pra que cando medren collan o camiño dereito na vida e non sentirse culpables de non os ter educado ben.

Penso que pouco mas temos que decir nin facer nos para cambiar esta situación se os que teñen o poder e a solución nas suas mans non fan nada; e polo que se ve nada lles importa. Solo pensan nos seus propios intereses e nós ficaremos coa carraxe e a impotencia de non poder facer nada, só a nosa boa intención de intentalo.

E seguiremos loitando por todo por todas as ixusticias da vida.
Calvo Sánchez, Josefina
Calvo Sánchez, Josefina


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES