Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Premio Trapeiro de Honra 2016

miércoles, 03 de febrero de 2016
Premio Trapeiro de Honra 2016
Premio Trapeiro de Honra 2016 ao Músico José López Díaz 'Pepe de Cristos'

OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS, concederá o Premio anual Trapeiro de Honra 2016 na súa terceira edición ao músico vilarego José López Díaz "Pepe de Cristos".

Con este recoñecemento, Os Vilares quere homenaxear tamén aos músicos que en tempos difíciles percorreron as parroquias e salóns de baile da Chaira e do outro lado do monte alegrando a vida da xente.

Pepe de Cristos, saxo e clarinete da extinta orquestra Armonía dos Vilares e da orquestra Chedeiro, é un músico vocacional que foi aprender solfexo con un mestre da Costa do Sal a donde se desplazaba moitas veces andando e que estudaba música en momentos de descanso de traballos agrícolas ou no monte.

En tempos nos que os desprazamentos eran por corredoiras e camiños, nos que os instrumentos eran transportados en carros ou se durmía en palleiras e casas dos veciños, estes músicos representan o amor pola arte e o seu compromiso con un oficio vocacional.

Pepe, veciño do lugar da Reboira, é memoria viva deses tempos, dos sacrificios e da importancia da música para a convivencia e alegría que aínda o pasado ano volveu a reencontrarse con antigos compañeiros da orquestra Armonía como o vocalista Ricardo Rivera de Guitiriz ou o acordeonísta Indalecio de Cazás por iniciativa de Pastora Veres, encontro no que Premio Trapeiro de Honra 2016rememoraron multitude de historias e anécdotas para o libro deste proxecto.

Pepe, unha persoa sensible e querida, simboliza perfectamente a memoria deses músicos, moitos deles esquencidos que formaron parte da vida dos nosos pais e avós e do que somos.

O espíritu ambulante e emprendedor, o esforzo e a humildade de Pepe de Cristos representa tamén o significado deste premio creado como recoñecemento público á labor de persoas e entidades pola nosa parroquia.

Despois de ter nomeado, a Xosé María Díaz Castro no ano 2014 no que se lle adicaron as letras galegas, e no 2015 á Romaría Labrega da Chaira pola súa 25 edición, este 2016 recoñecemos con este TRAPEIRO DE HONRA a José López Díaz, Pepe de Cristos o grande músico dos Vilares.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES