Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Onde está a prevención?

miércoles, 27 de septiembre de 2006
O FEITO DE QUE UN NENIÑO DE DOUS ANOS MORRA DE FAME NA NOSA GALIZA ten que poñernos a todos de loito; á forza nos temos que preguntar: ¿por qué?, ¿como puido ser?, ¿qué está a suceder que non somos quen de detectar estas situacións?…

Como pode ser que un neno de dous anos que ten que estar cheo de agarimos e de coidados, que só é TENRURA, MORRA DE INANICIÓN? É un INSULTO Á NOSA CONDICIÓN DE HUMANOS, pero máis a esa sociedade que estamos a construír e da que tanto falan os nosos políticos, cuns servizos sociais “en primeira liña”... (?). Refírense quizais aos da terceira idade? Os destinados á infancia, á PREVENCIÓN, están moi lonxe.

Se algo así sucede e os servizos sociais non son quen de detectalo, algo falla; non é posíbel eludir responsabilidades alegando que a familia non acudira a eles, porque non podemos agardar que todos os que o precisan vaian pasar polos despachos pedindo axuda. Teremos que ser os demais os que detectemos a necesidade: seguro que este meniño berrou moito pedindo axuda e a sociedade da súa contorna, ocupada noutros mesteres, non quixo ou non puido oír. Onde estaban daquela os técnicos dos servizos sociais? Nos seus despachos, cubrindo papeis?

Por riba de termos hoxe un neno de dous anos morto e as súas irmá e nai no hospital, debemos escoitarlle ao señor alcalde de Ponteareas dicir que “ten uns servizos sociais moi eficientes”. Que podería chegar a pasar logo se non o fosen?

Sucesos así obrígannos, unha vez máis, a dicir que a COORDINACIÓN ENTRE OS SERVIZOS SOCIAIS E OS EQUIPOS ESPECIALIZADOS É INEXISTENTE, SITUACIÓN Á QUE DEBERIAMOS PÓRLLE REMEDIO URXENTEMENTE, SEN AGARDAR A QUE SE REPITAN FEITOS TAN TRÁXICOS COMA ESTE.

Unha prevención eficaz debe evitar que estas noticias teñan lugar, mais NON SE PODE LEVAR A CABO DESDE O DESPACHO. Os servizos sociais precisan xente que se mova, que detecte, que eduque, que visite domicilios, que teña contratos de traballo continuados e non cada seis meses, que visite os colexios, os pediatras, que saiba das situacións de RISCO QUE SE ESTÁN A PRODUCIR NO SEU MUNICIPIO; e esta xente precisaría de ferramentas que desen resposta ÁXIL E INMEDIATA a estas situacións.

A morte deste cativo déixanos consternados, unha vez máis; pero a nosa pena mudará mañán, esquecerémola, cando xa non sexa titular dos periódicos, cando siga sen haber responsábeis -porque aínda que hai xente que se supón traballa para a prevención, saberán xustificar o acontecido-, cando os políticos aseguren que non volverá pasar, que deste erro aprenderemos todos, cando ninguén dimita porque “a súa conciencia está tranquila”, cando todo siga igual...

Mais se as cousas funcionaron tan mal, alguén debe asumir a responsabilidade. Non foi a deste neno a primeira morte incomprensíbel; antes houbo outros casos (lembramos, por exemplo, a Erika...).

Mais o alcalde dinos desta familia que levaba máis dun ano no concello e que NUNCA FORAN AO PEDIATRA. Ninguén sabía isto? A Xunta, que agora tutela a irmá, faino polo que poida pasar... mentres SEGUE SEN TUTELAR A TANTOS E TANTOS NENOS E NENAS EN SITUACIÓN DE RISCO para os cales os servizos sociais ou outros axentes están a pedir atención de forma cotiá.

Cando suceden cousas así, temos que recoñecer que realmente estamos moi lonxe desa Galiza Solidaria da que tanto falamos. Se non somos capaces de detectar unha situación como esta, é que temos ENFERMA a SOLIDARIEDADE.

Esta noticia non se converteu nun enunciado permanente da radio nin de ningún medio de comunicación local: todos seguen coa súa programación habitual, xa que quen morreu foi un neno dunha familia descoñecida, nada relevante. Pero deberiamos repetilo constantemente: morreu un NENIÑO que, como diría algún técnico, vivía na “familia que lle tocou”. Baixémonos deste tren de inoperancia dos servizos sociais.

Ángel Martínez Puente, Presidente do Colectivo Galego do Menor
Martínez Puente, Ángel
Martínez Puente, Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES