Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Celebración gozosa e familiar...

jueves, 28 de enero de 2016
Celebración gozosa e familiar dunha xubilación en dous actos e con coda final

SITUACIÓN PREVIA TEMPORO-ESPACIAL
Temos a sorte de vivir nun concello cunha boa e continuada tradición democrática. Todas as parroquias están dotadas de bos locais sociais e á disposición dun bo uso por parte dos cidadáns. Celebramos este acto na ampla sa de usos múltiples do Alto do Castaño, en Narón. De cinco a dez do serán puidemos dispor do salón de actos con toda liberdade. Só debiamos deixar todo limpo ao final e coa orde en que no lo facilitaron. Graciñas aos directivos e aos que rexentan a entidade polas facilidades.
Como o espazo é amplo, permitiu preparamos todo previamente en dous escenarios concéntricos para cada acto.
No primeiro, o máis interior, para vernos e escoitarnos todos, puxemos 34 cadeiras sinxelas en roda para a familia que somos.
No segundo círculo, por detrás, as mesas coas viandas dispostas para o segundo acto.
Menos Mari Carme, a homenaxeada, e Maluco o seu home, todos sabiamos máis ou menos a que viñamos. festexar esta xubilación.
Porén, só tres persoas coñeciamos polo miúdo o desenvolvemento e relato do que vai a continuación. Repartiuse o texto a cada un. Tamén aos nenos e nenas. E comezou a sesión.

ACTO PRIMEIRO
HOMENAXE A MARI CARMEN ESPIÑEIRA MEDÍN NA SÚA XUBILACIÓN
Narón, 23-01-2016.

Ben vindos e boa tarde a todas e todos. Grazas por estarmos presentes.
Celebración gozosa e familiar...
Posibelmente esa cara e eses ollos, eses cabelos soltos ao vento, non vos digan nada. Poida que mesmo nos enchan de intriga e misterio.
Toda a familia sabemos moi ben por que estamos hoxe aquí, non si?
Alguén non o sabe? Tal vez, para os máis novos, hai moitas cousas que aínda descoñecedes. Cada familia ten os seus recorridos e os seus segredos e cómpre coñecelos e celebralos entre todos.

Hoxe vai para ti, Mari Carme. Queremos facerche unha homenaxe como ti mereces. Ti es a nosa irmá maior. E todos somos moi conscientes de canto supuxo iso de sacrificio para a túa vida: Coidar de nós cando eramos nenos e levar desgustos abondo. Algún ben grande por certo: Lembras cando se perdeu Manolito en Viveiro? Cando Mario era bebé e tiña aqueles achaques nos que ficaba sen respiración? Cando eu, Nieves, te enchín tanto como para escacharme un prato na cabeza? E así podiamos seguir contando cada un de nós, verdadeiramente emocionados, canto che debemos, xunto cos nosos pais, tan queridos e que tan axiña se nos foron!

Pero, non. Non é só cousa dos irmáns. É unha homenaxe de toda a familia na túa xubilación. Na xubliación do teu traballo.
Hai moita historia do teu traballo, e dos teus traballos, que só a coñecemos nós. Porque ti empezaches a traballar desde nena pequeniña con todos nós ás costas. Por iso a túa xubilación nos afecta a nós máis que aos demais polo moito que che temos que agradecer. Haberá outro intre máis particular para a túa familia, esposo, fillos e netos, que foron chegando despois. Pero ficaría incompleta a memoria da túa vida laboral, se non a empezamos desde o comezo, mesmo cando naciches. Ben axiña che tocou colaborar cos nosos benqueridos pais.

Tiveches que deixar de estudar pra axudarlle a mamá na casa, pois non tiña moita saúde. Ti eras a que tiña que ir falar a escola, pagar as matrículas, pagar as letras do camión e así moitas cousas máis. E eras unha nena. Ti. Sempre ti e para todo. Con tan poucos anos e xa abrindo camiños! Ti sempre fuches esa muller inmensa e servizal. Así se reflicte nese pensar e nese mirar de forza e valentía na imaxe que vemos a seguido:

Grazas a ti, eu tiven o meu primeiro traballo. con Fina, nas máquinas de tecer. E o último tamén, ata o día de hoxe. Grazas.

Observemos con calma esta outra faciana. Vense dúas perspectivas, (fotos 1 e 2) como dúas miradas: Construír futuro sen desentenderte do Celebración gozosa e familiar...pasado. Casaches. Pero seguiches pendente de nós. Da túa nova vida, e da nosa, na que estabamos tentando ir adiante naquela nenez e adolescencia, naqueles anos de carestía e dificultades. A túa casa, a vosa casa, seguiu sendo a casa de todos nós. Nunca estivo, nin está agora, pechada para a familia. Grazas Mari. Grazas Maluco. Por estardes sempre aí.

Nesta cerámica sinxela deixamos que ti poñas os significados que queiras. Para nós representa a túa persoa, a túa vida.

Todos nós, toda a familia, facémosche este agasallo de recoñecemento ao cumprires 65 anos. Chegaches á xubilación. Moitas veces tes pensado non chegar. Dicías que, como papá é mamá morreran tan novos, igual nos podía pasar a nós.

Pero temos a sorte de contalo. E ti, coma sempre, vas diante abrindo camiños. Ti es a primeira que vai rompendo os límites do tempo. Parabéns para ti e para todos nós.

Ese lado da cara, que na cerámica está de cor marrón,(4) reflicte iso: a emoción da vida e da xubilación. Acabou unha etapa da túa vida. Cara a dentro están os teus recordos, alegrías, traballo. E as lágrimas, que aí se amosan tamén, etc...

Toda a túa vida, ata o día de hoxe, cos 65 anos cheos de vitalidade e entrega. É a xubilación: A vida foi iso e tivo de todo.

Neste outro lado da cara vese vida (5). Esa nova vida que comeza precisamente agora. Véseche desafiante mirando novamente cara ao futuro. Con ganas de “comer” o mundo. Un mundo que para ser novo hai que miralo de fronte e seguilo loitando cada día, con eses ollos inmensamente abertos, con eses os pelos xa entrecanos e soltos ao vento. Ese pelo, nesa cara, que contra ventos e mareas marcou sempre novos camiños, ilusións, traballos, etc.

E no reverso desa figura (6), porque a vida tamén ten o seu lado oculto, nós queremos ver coma unhas bocas, mesmo uns teléfonos ou as novas tecnoloxías que nos convidan a seguirmos en continua conexión contigo a nosa benquerida e grande matriarca. Ese lado está en branco. Tócanos a todos escribilo, debuxalo, enchelo de amor e de alegrías. Pasaches a vida renunciando a moitas cousas por todos nós. Hoxe é un día de inmensa gratitude. Míranos. Non falta ninguén. Queremos que os novos recollan de nós a nosa propia historia familiar celebrando a túa vida.

E agora mira o mar nese precioso solpor. Estanos a dicir que abres novas xeiras e que non vas parar. Ti sabes ben o que é ser muller de mariñeiro, muller dos sete mares, que nunca se rende, que sabe loitar, levar o temón por moita tempestade que haxa. Hainas en todas as vidas. Porque hai mar! Vaia se hai mar! Soubéstelo todos vós ben desde o comezo do voso matrimonio:

“Nesta noite escura e bretemosa / na que vai camiñando o noso esprito/ vese un raio de sol, vese unha rosa/que abrirá, no mencer, novos camiños.
Compañeira, nos días de tristura, / compañeira, nas noites de esperanza / paso a paso de alento de tenrura,/ pedra a pedra no mundo a nosa casa.
Racharemos cadeas que nos prenden,/ e faremos fuxi-la treboada / falaremos de amor coa nosa xente,/pra viviren connosco a mañán crara”. ('Fuxan os Ventos').


Hoxe é un momento ben axeitado para dicirche e dicirvos entre todos a nosa gratitude e o moito que vos queremos: Maluco e Mari Carme. Alberto e Yoli. Silvia, Ismael e Aldara. Nas alegrías e nas penas. Na saúde e nas enfermidades. Sempre unidos!
Querémoste, Mari. Querémosche moito todos e sábelo... Por iso nos teus sesenta e cinco anos che cantamos a coro:

Feliz, feliz nos teus días/
Mari Carme que Deus te bendiza/
Que goces de paz na túa vida/
E que cumpras moitos máis.

Parabéns para ti/ nesta data feliz. /
Para ti, Mari Carme,/ un futuro feliz.


SEGUNDO ACTO
As mesas estaban dispostas e as viandas apetitosas. Só faltaba ocuparmos os postos cada un no segundo escenario, no círculo máis amplo, retirando cara ás paredes as cadeiras. Pero foi imposíbel. Era tanta a emoción que precisabamos estar de pé e con mobilidade para falarmos e ir comunicando uns cos outros. Darnos bicos e apertas. Emocionarnos. Vivir. Querernos e agradecer. Mentres cada un íamos “picando” das mesas.
Houbo unha frase impresionante dun dos nosos irmáns: “Non somos unha familia con herdanzas. Pero non hai quen pague este enorme herdo que nos deixaron: O amor co que hoxe nos estamos querendo. E eles están aquí, no medio de nós, moi presentes”.

CODA FINAL
Recollemos. Gratificamos. Con moito xeito deixamos todo ben ordenadiño. Pero non podiamos irnos así sen más para a casa. Menos os que tiñan nenos, todos seguimos xuntos. “...y nos dieron las diez y las once, las doce, la una, las dos y las tres y juntos al amanecer nos encontró la luna”. Graciñas á vida que nos ten dado tanto. Bicos. Nieves.
Espiñeira Medín, Nieves
Espiñeira Medín, Nieves


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES