Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Especial 25 Aniversario do Pasamento de Manuel Rodríguez López

jueves, 21 de enero de 2016
Non é doado que o legado de escritores ou artistas trascenda tralo seu pasamento. Tampouco é común que a memoria cultural permaneza lustros despois da morte física de persoas que contribuiron a súa obra á sociedade. Pero o que é ainda menos frecuente é que a memoria dun escritor se acrecente xunto co seu legado 25 anos despois do seu pasamento. Iso é o que lle acontece ó Fillo Predilecto de Paradela Manuel Rodríguez López. Especial 25 Aniversario do Pasamento de Manuel Rodríguez López
Nestes últimos 25 anos foron moitas as iniciativas que fixeron pervivir no tempo e crecer en difusión a obra do poeta de Paradela, cronista oficial do Centro Galego de Barcelona, tradutor de L’Atlàntida de Verdaguer, articulista e narrador entre outras facetas literarias. Todas as iniciativas (e foron moitas) son fundamentais para manter viva a memoria vital e o legado material dun dos mellores poetas obreiros do século XX. Pero entre elas, dúas representan unha importancia significativa: o certame Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela liderado polo alcalde do concello que viu nacer a Manolo (José Manuel Mato Díaz) e o Proxecto Manuel Rodríguez López, liderado polos amigos de GaliciaDixital Xulio Xiz e Antonio Giz.

Unha das moitas iniciativas do Proxecto Manuel Rodríguez López é a recopilación de poesías e narracións escritas por amigos e admiradores seus conmemorando o 25 aniversario do seu pasamento, que veñen de ver a luz dentro do portal web do noso escritor (http://manuelrodriguezlopez.org/page/25-aniversario-do-pasamento-de-manuel-rodriguez-lopez). Esta iniciativa, que partiu de Xulio Xiz e Antonio Giz, conseguiu reunir os escritos de varias ducias de persoeiros galegos e non galegos cun nexo común: honrar ó amigo ou ó admirado escritor. O éxito da iniciativa estaba garantido desde un principio dada a experiencia do amigo Xulio Xiz en proxectos coma iste, incluidos libros colectivos de homenaxe a Anxel Fole, Xesús Mato, Xosé Manuel Carballo e outros.

Esta recolleita de reflexións, recordos e comentarios encol da vida e obra do poeta paradelense engade unha nova dimensión ó legado do noso emigrante galego nacido en 1934 que viviu en Barcelona dende os seis anos ata 1985, cinco anos antes do seu pasamento. Emociónanos descubrir aspectos descoñecidos da súa vida e obra verquidos ó seu presente polos seus amigos, engrandecendo aínda máis o seu recordo que se transmitirá vizoso para rememoralo tamén no futuro.

Manolo Rodríguez da casa de Baixo de Randulfe de Paradela disfruta deste especial no ceo dos galegos, bautizado así polo seu amigo Xulio Xiz. Sei que os artigos e narracións énchenlle a alma. Pero disfruta tamén especialmente das poesías adicadas á súa memoria que se poden ver neste especial. Por suposto dos debuxos e caricaturas feitos magíficamente por verdadeiros artistas na súa honra. E de xeito destacado, das obras de escritores premiados no seu certame de Paradela, que contribuiron cos seus escritos a este especial a través do Concello de Paradela.

Estamos orgullosos de que a figura de Manuel Rodríguez López sexa valorada, homenaxeada e estudiada hoxe con máis forza e vitalidade que hai 25 anos. Iso confirma a calidade e importancia do seu legado e tamén pon de manifesto o bo facer de amigos e admiradores da súa vida e obra. Moitas gracias a todos os que contribuiron cos seus escritos a este especial e a Xulio Xiz e Antonio Giz por facelo posible.
Rodríguez López, Santiago
Rodríguez López, Santiago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES