Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O que fai posible o amor

martes, 05 de enero de 2016
Cando a mestra da escola do pobo comunicou os seus alumnos que ian facer unha excursión para coñecer o Belen de Begonte, foi tanto a algarabía que produxo nos nenos, que por un momento, a docente tivo problemas para controlar a clase.

-Silencio-replicoulles en tono alto-imos empezar as tarefas! Chegado o día xa concretaremos os puntos da viaxe!

Antes quixo ter unha lembranza por Dani, pois o seu pupitre atopabase baleiro dende o curso pasado, cando lle fora diagnosticada unha leucemia. Agora permanecia moito máis tempo na habitación daquela gran mole que no patio de seu propio colexio, e de non ser por Javi, o seu mellor amigo, a estanza sería moito máis longa e triste.

Tiña a sorte de contar cun amigo que endexamais o esquecería, por eso, tódalas tardes acudía a velo para darlle ánimo, xogar con el, e contarlle o que pasaba na escola. Esa tarde tocaba contarlle a boa nova da viaxe a Begonte. – a ver si podes vir, Dani que o imos a pasar moi ben!

Dani por un momento quedou mirando para o seu corpo todo rodeado de cables e monitores, e non puido por menos que esbozar un sorriso e dicirlle - pero de verdade ti
pensas que podería ir nesta situación?

Bueno-dixolle Javi- non teñas pena, xa che contarei o que vexa! Os meus ollos serán os teus!

Xa de noite, na habitación coa súa nai, pedeulle a esta que lle abrira de par en par as fiestras

-Fillo vas ter moito frio!
-Non mamá que quero sentir como azouza ó vento empurrando as estrelas para que cheguen axiña ó portal de Begonte!

-Mamá porque son tan miserable e desgrazado que non poido ir cos meus compañeiros a velo?

A nai con moita magoa e precedido dun ataque de choros fixo o disimulo de ter que ir ó baño, para ali desafogarse, como tantas veces o fixera, máis agora que non tiña resposta para o seu fillo.

Na habitación contigua e mentres poñía un soro, unha enfermeira non foi allea a todo o que ali acontecera, e despoís de indagar a situación, pensou que tiña que facer todo o posible para quea este neno se lle cumprira o desexo. Nos días posteriores non escatimou en sacar tempo das súas libranzas, ofrecéndose a ir con el, e facendo o posible para xestionar unha ambulancia medicalizada para que Dani se sentira o mellor posible.

Chegou o dia da partida, o autobús cos seus compañeiros abria camiño a Dani que, cos coidados do seu anxo da garda, a súa enfermeira, permiteu facer realidade o soño dun neno.

Ali xunto cos seus compañeiros deleitouse de toda aquela maravilla, olvidando por un intre a dor e o sufrimento, sentíndose feliz e útil, e mentres Javi lle apretaba as mans non paraba de dar grazas a todos por ese día tan fermoso, e que polo amor de esas persoas senteuse o neno máis feliz do mundo, un neno como os demais.

Con amor e pequenos xestos pódese facer feliz a moitas persoas, non en vano dicen que O AMOR É A FORZA MÁIS HUMILDE PERO A MAIS PODEROSA DE QUE DISPÓN O SER HUMANO.

Dani segue recuperándose na habitación do hospital, e sabe que Javi tódalas tardes o acompañará e nunca lle fallará.
Eijo Balseiro, Ramón
Eijo Balseiro, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES