Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiño cara a fonte de Outeiro de Rei

jueves, 14 de septiembre de 2006
Camio cara a fonte de Outeiro de Rei In Memoriam, Carlos Casanova

¡Canto me lembro de ti,
na beleza das verbas,
onde amosába-las queixas,
mostrándote tamén feliz!,

¡Onde a traveso delas,
coñecíamos os lugares,
cinguidos ós teus andares,
facéndose letras impresas!,

¡Letras que nos emocionaban,
chegando a facernos chorar,
por moito facernos lembrar,
de seres que non estaban!,

I
¡Hoxe, ben lembrado Carlos,
leo nunhas letras fermosas,
sumamente agarimosas,
de andares acompañados!,

¡Do camiño cara a fonte,
fonte de Outeiro de Rei,
camiño polo que eu irei,
para que da nenez me conte!,

¡Desa nenez tan lembrada,
no corazón alugada,
na alma cadora dourada,
da magnánima alma amada!,

II
¡A do teu irmán que te lembra,
en letras de ourivería,
nesa meniña estadía,
nesoutra rematando as medras!,

¡Por camiño cara a fonte,
fonte de Outeiro de Rei,
de paseniño un día hei,
camiñar até que a atope!,

¡Coa súa auga, eu falarei,
lle pedirei solermeira,
me fale das túas maneiras,
que por Teresa, eu ben sei!,

¡E a traveso de teu irmán,
xemelga alma da túa,
quen empostas pónse núa,
sen se quedares ela en van!,

III
¡Rexio camiño da fonte,
fonte de Outeiro de Rei,
pola túa rota un día hei,
pregarche de Carlos me contes!,

¡Desas palabras amenas,
de inquedanzas e quimeras,
de moi xocundas carreiras,
e risadas rebuldeiras!,

¡Me fales desas pegadas,
que acunchas agarimosa,
na enxebreza recendosas,
en ti, decote gabexadas!.

Lugo, 2-IX-06
Arias Saavedra, Ana
Arias Saavedra, Ana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES