Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

martes, 29 de diciembre de 2015
Aqueles cinco minutos. Baixo a música de jazz de Lester Young e Oscar Peterson, penso. Penso nestas datas que volven morriñentos a moitos e que a outros non lles traen bos recordos. Os recordos sempre están aí… precisamente para que os recordemos. Hai que xente que busca os bos, pero tamén a hai que se deixa vencer polo pesimismo. Penso que eu estou sempre do lado dos bos. De aí que case sempre me lance á busca e captura da infancia, porque, son dos que digo que a infancia é a mellor etapa da vida. Nela, aínda que houbese malleiras ou aínda que algún rapaz che comese a moral ou aínda que ó saír da escola houbese que cavar unha finca enteira, chegaban aqueles cinco minutos que te escapabas (escapar, que calquera lle pedía permiso á nai) á aira para vencer todas esas adversidades. Aqueles cinco minutos son como o sorriso dun fillo… que xa te pode matar a desgustos, que ese sorriso… ai ese sorriso! Baixo a calmosa música de jazz, penso. Penso nestas datas nas que vos desexo, de corazón, toda esa felicidade que sempre estamos buscando. Que esa felicidade vos leve ata o infinito e máis alá. Ou ata a fin do mundo.

OPTAMOS POLO DEMO

Quere o demo ser balcón na casa da nostalxia compartida, pero só é porta nos soños fríos dun inverno solitario. Ergue o rabo, ensina os cornos e todos corremos espavorecidos por unha vida que se vai e por uns tempos que quedan. Non sempre o demo é inimigo nunha tarde de soidade e silencio. Algúns pecamos coa esperanza de velo de cor vermella. Cada pecado é unha lapa de ansiedade e cada confesión é un inferno que arde no seu mundo de incompetencia. Caemos de xeonllos e estes tan só sangran ante a indiferenza dun ser que non nos fai caso. Optamos, entón, polo demo.

Quere o demo ser bolboreta nas flores do xardín cheo de bulleiro, pero só é pegada que delata o paso do tempo. Cada marca é un suspiro de impotencia e cada suspiro é un latexo de maldade que chouta dos ollos que botan lume. Hai fogos que queiman a memoria colectiva dun soño. Ás veces a memoria arde entre as liñas dun caderno e a cinsa marca os desexos que quixeron ser e non foron. Todo se queima no inferno dun poema mal escrito e dun ser que mete medo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES