Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (92)

miércoles, 30 de diciembre de 2015
O tren, cantos recordos

Cando miro o tren, penso o que significou para min.
A primeira vez que fun no tren, foi á Coruña. Era xove, dezasete anos. Logo, cando me casei, viñen para a miña residencia. Tamén traía as miñas ilusións. Cando ía, cos nenos, visitar a meus pais. Cando estes nos visitaban, pola ventanilla, saudaban. Xa sabíamos que viñan. Desde o paso a nivel, viamos moi ben o tren. Agora, fíxose a ponte; xa non podemos mirar. Era parte das nosas vidas.

Recordo, cando se marchaban os fillos para a mili, subida nun cómaro para dicirlles adeus. Doíache o corazón. Logo, cando viñan, estabas contenta.

Nas estacións, ves xente contenta, pois espera aos que veñen; e outra triste, porque despiden aos que se van. Ver xoves abrazándose, bicándose, chorando, pero querendo vivir os últimos momentos que lles quedan antes de que o xefe da estación dea a saída ao tren. Canto tería que contar o tren dos encontros e das ilusións que os viaxeiros traían e levaban.

Non recordo que escritor era o que dicía: “Na casa onde houbo sufrimento, ata o chan é sagrado”. O tren que levou a xente á guerra, aos emigrantes ao estranxeiro. Uns quedaron aló, outros volveron. Tanto que terían que contar.

As estacións, lugares de despedidas e reencontros. Lugares entrañables de recordos.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES