Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Noite electoral

lunes, 28 de diciembre de 2015
Si os políticos xogasen á lotería, serían gañadores en cada sorteo. E non se conforman coa pedrea!. Todos se levan o premio gordo. Hai algunha excepción naqueles en que a derrota é tan evidente que non teñen máis remedio que admitila. Pero aínda así, na verbosidade na aceptación da derrota descólgase máis dunha invitación a pensar nun éxito relativo que gratifica a eses fieis seguidores, afiliados ao partido ou non, que se dormen tranquilos e esperanzados esa noite, despois do frío do resultado electoral que lles conxelou a ilusión, e os prepara para unha nova ocasión na que afiar renovados ímpetus. Tal como ocorreu na xa pasada e ás veces pesada, e ao mellor axiña resucitada, noite do 20 D.

A pesadez da noite non se debe a esa noite en concreto, na que a indecisión duns resultados que se modificaban decontino, engadía esa intriga necesaria para que a pantalla da televisión che absorbese, case como se visionaras un thriller no que do desenlace xa sospeitas pero que che gusta relamerte na incerteza para poñerlle un pouco de pimienta ao condimento.

É que por moito que che guste a comida que tes no prato, fártaste si cha repíten día trás día, e ata poida que termines odiando ao cociñeiro.

Si, calquera me pode dicir que esta vez tiñamos distintos ingredientes e ao abrir ao frigorífico para escoller que levar á pota, saltábannos propostas á cara das que non podiamos dispoñer nos anteriores cocidos xerais. Pero é que a noite faise eterna cando empeza bastantes meses antes dos quince días de rigor, e por moito interese que se lle poña ás veces un ten gañas de descabalgar e darse un paseo polo campo a ver crecer a herba que non sei si é moi entretido, pero que seguramente o é relaxante ao contemplar como da nada se fai algo; quizais ao contrario de tanto barullo que ao peor non nace nada.

Eu non sei a vós, pero a min gústame que os partidos políticos sexan sempre gañadores, aínda que os números, eses malditos afiliados á exactitude, rematen sendo maleables e cociñados a gusto de cada quén. Esta actitude gañadora amosa un optimismo á proba de estatísticas adversas e nada peor que un político deprimido; xa que este, do mesmo xeito que os acérrimos seguidores dos partidos que aceptaron a súa non derrota, son contaxiosos.
Catoira Rey, Rafael
Catoira Rey, Rafael


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES