Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Nadal en Begonte

jueves, 24 de diciembre de 2015
O Nadal en Begonte Hai máis de 800 anos un gran persoeiro que todos vos coñecedes representaba o primeiro Belén da historia porque para él o Nadal era unha época moi especial.

O Nadal é unha época singular de ledicia e agradecemento, na que no ambiente se infunde paz, amor, xenerosidade, reconciliación e harmonía. Espertamos a ilusión para os máis cativos. Un sorriso, unha palabra amable ou as pequenas cousas da vida se converten no mellor regalo que podemos ofrecer aos nosos achegados.

Deste modo, nesta semana comezamos decembro e con el, este período de reflexión e de costumes que invitan a participar nunha mensaxe de entrega, de colaboración e de solidariedade.

Os vínculos emocionais de alegría invitan a continuar coas tradicións familiares e intercambialas con veciños e amigos. Así, o Nadal é un tempo para a amizade, onde se enxalza o perdón e se unen os lazos afectivos, pero tamén é unha época para recordar aos que están fóra e lembrar dunha maneira especial aos seres queridos que, por desgraza, xa non nos acompañan.

Hoxe estamos a festexar ambos sentimentos. Por unha banda, a nostalxia nos inunda o almapero por outra a celebración da natividade ábrenos o corazón ao xubilo e o alborozo.

Este ano, ademais, o Nadal ven como predecesor da celebración do XUBILEO EXTRAORDINARIO DA MISERICORDIA E A APERTURA DA PORTA SANTA. Este feito abrirá a Galicia ao mundo e converteranos no epicentro das peregrinacións.

Dende a Xunta de Galicia preparámonos para este novo acontecemento que enxalzará os valores do Camiño antes da próxima cita xubilar do 2021.

Unha cita que incluirá todo tipo de acontecementos culturais, artísticos e sociais, actuacións de investigación, así como, iniciativas relacionadas co desenvolvemento turístico que levan consigo un importante impacto tanto económico como social.

O 2016 TAMÉN SERÁ RECORDADO POLO ANO DO CAMIÑO PRIMITIVO E DO NORTE. Isto suporá unha promoción engadida de ambas rutas DECLARADAS PATRIMONIO DA HUMANIDADE POLA UNESCO este ano.

Ambos camiños contan con enclaves de gran importancia tanto no que se refire ao patrimonio natural como ao histórico e social. Unha riqueza monumental que cada ano atraen a mais peregrinos, de aí que o Camiño do Norte fora elixido por 15.745 peregrinos nestes primeiros once meses do ano.

O Camiño é, máis que nunca, un lugar de encontro cultural, de intercambio de información e de colaboración, é un lugar no que antes ou despois todos precisamos uns dos outros. Facer o Camiño é unha lección de vida.

O concello de Begonte en xeral e Baamonde en particular, están intimamente relacionados co CAMIÑO DO NORTE. Os peregrinos repousan nesta pequena vila e atenden a súa devoción na igrexa de Santiago, unha interesante edificación gótica de mediados do século XIV.

Pero SE POR ALGO É COÑECIDO BEGONTE É POLO NADAL. Neste concello ten un significado especialesta época do ano. É o momento no que se inaugura o BELÉN ELECTRÓNICO e con el, o traballo colectivo móstrase ao público en xeral.

Ese gran persoeiro que vos comentaba ao principio era SAN FRANCISCO DE ASÍS, o gran belenista,que INICIOU A REPRODUCIÓN DOS NACEMENTOS entre os anos 1200 e 1226. A inspiración para realizar esta representación tivo lugar durante a súa oración na ermida de Greccio. O primeiro Belén vivinte da historia representouse nesta cidade italiana e constituíu un episodio de gran relevancia na vida do santo de Asís.

A idea de reproducir o nacemento do neno Xesús popularizouse de xeito moi rápido en todo o mundo cristián; andando o tempo comezou a facerse a través de figuras.

En Begonte este traballo comezou con JOSÉ RODRÍGUEZ VARELAhai xa corenta e catro anos e a súa labor rememorase na propia representación do Misterio a través dunha figura articulada que o personifica.

Este Belén xa forma parte do patrimonio histórico e cultural da nosa comunidade polo mesmo feito de estar integrado por pezas artesanais e mecanismos electrónicos para o seu movemento.

O Nadal en BegonteHoxe, é un referente para manter e potenciar, xa que a súa exposición con máis de 150 figurassupón un importante reclamo de atracción turística. Pero ademais ven acompañado de numerosos certames e outras actividades que dan un valor engadido a este evento.

A súa visita converteuse nunha cita obrigada para moitos turistas e visitantes e unha tradición para as familias do concello. A esta gran afluencia de visitantes hai que agregar outras características como a súa antigüidade, o seu arraigamento popular, o seu valor cultural, a súa calidade e a súa creatividade.

Por iso, non é de estrañar que este BELÉN ELECTRÓNICO FORA DECLARADO O PASADO ANO, FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA, e deste modo, sumouse as outras 25 festas declaradas na provincia de Lugo.

Con elas reúnense na nosa comunidade un total de 108 FESTAS DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA, ás que hai que engadir as 10 FESTAS DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL e as 9 DE INTERESE INTERNACIONAL.

Todas elas serven para descubrir o significado lúdico, festivo, culturale gastronómico que posúe Galicia ao tempo que axudan a conservan as nosas tradicións e constitúen un extraordinario incentivo para as economías locais a través do turismo.

Xa que o turismo supón unha das industrias mais limpas das que se pode desexar, o que incrementa o valor deste sector ao satisfacer as necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade de futuras xeracións de satisfacer as súas propias.

Begonte, a Terra Chá, a provincia de Lugo e Galicia dispoñen de numerosos enclaves e recursos turísticos para gozar nesta época do ano, e así favorecer a desestacionalización do turismo.

Xunto a este magnífico Belén, os turistas e visitantes que elixan a nosa comunidade para gozar desta festividade tamén poden descubrir o Belén artesanal en movemento de Valga, declarado ao igual que este, de Interese Turístico de Galicia ou o Belén da Catedral de Santiago de Compostela entre outros. Un senfín de propostas que se combinan con mercados especiais navideños ou outras actividades dirixidas a nenos e maiores.

Espero que gocedes desta época de Nadal en Galicia e que a felicidade inunde os vosos fogares.

Noraboa os veciños de Begonte por saber conservar a súa tradición, sentirse orgullosa dela e poñela en valor.

E para rematar permítanme que parafrasee a Pepe Pol no seu Libro de Begonte:

“…-Ya estamos llegando. Es Begonte. Sí, mi cielo, pronto llegaremos a Begonte. Ahí hoy, en las vísperas de esta Navidad, vas a conocer el manual más prodigioso de Galicia, la enciclopedia que cumple ya 43 años y se conserva íntegra y nueva como siempre. Libro de que no deteriora con los cambios ambientales, lo que le afectaría sobremanera es si hay frío en los corazones, si esos se congelan. Los ejemplares de uso particular por mérito tienen, los importantes son lo que como éste, están siendo compartidos por todos. A este ejemplar ya verás que no solamente lo venimos a leer nosotros. Quedarás fascinando cuando observes que son muchos lo que acuden a repasar sus páginas. El ejemplar del que te hablo está cerrado al público diez meses. Durante ese tiempo son muchas las personas que le están escribiendo más páginas y preparando sus láminas.

- Se halla celosamente protegido y amparado por todo un pueblo y por D. Xesús Domínguez Guizán y sus fieles colaboradores que ven en él la auténtica seña de identidad de Terra Chᅔ

“…Cuando el niño entró y se colocó con su cambio acompañante en una parte de las gradas no pudo reprimir un:

-¡Ooohhhh!. Asombrado quedó ante tantas singulares páginas, tan bien ilustradas, tan puras e impolutas, atractivas y, sobre todo, que era un libro grandioso. Cada figura o grupo de ellas representaba un capítulo de la vida de Galicia. El mundo gallego reproducido en miniatura. Un manual, como suelen decir hoy, interactivo y de tres dimensiones y tiempos conjugados en uno. Ante Brais se presentó, gracias a su abuelo, una enciclopedia, un compendio de todos los valores de la tradición, cultura y riqueza popular de Terra Chá que representa a toda esta comunidad gallega”.

Bo Nadal e Ventureiro Aninovo!


- Este é o texto do Pregón de Nadal pronunciado na igrexa parroquial de Begonte (Lugo), o 5 de decembro de 2015, por Nava Castro Domínguez, Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia.
- Ao comezo, fixo especial mención de agradecemento e lembranza ao Alcalde de Begonte, familiares dos amigos e amigas do Belén falecidos, viuda de Varela, familiares, delegada da Xunta, Veciños e veciñas de Begonte, así como para os membros da Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas, que a compañaron nesta celebración, e dos que afirmou se sentía tremendamente orgullosa.
Castro Domínguez, Nava
Castro Domínguez, Nava


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES