Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (91)

miércoles, 23 de diciembre de 2015
Hoxe, morreu Merceditas

Unha veciña, tamén amiga, que quedei en débeda con ela. Non me portei ben. Recordo a última vez que a vin, baixando a ponte, doume un abrazo. Ela levaba xa tempo enferma. Sacáronlle un peito. Tiña ganas de vivir. Dous fillos; a máis nova acabábase de casar. Un neto, Adán.

Era xove. Colleu a enfermidade. Había trece anos que a operaran a primeira vez. Tiña ganas de sandar. Ía á Coruña a radiarse. Ela non se encollía, pero esa enfermidade é terrible. Desfai as familias. Cando andaba de pé, falaba con ela. Cando xa non saía, non fun vela. Porteime mal. Logo, xa era tarde. Cando chegan os últimos momentos, necesítanse os máis achegados: fillos, marido e outros familiares.

Agora, penso que hai que ver a xente mentres poidas e esteamos regular. A vida pasa. Non hai segundas oportunidades. Cando vas maior, aprecias moito a amizade. Todo o demais queda aquí. Xa poucos hai da nosa xeneración.

Pero, Mercedes era xove. Cando tiña os proxectos feitos, rodeada da súa xente, vivindo todos na mesma casa; uns no primeiro, outros no segundo. Ela, co marido, no baixo. Que contenta estaría! Pero, foi querida e coidada pola súa xente. Iso é o máis importante. Agora, só un recordo para ela. A familia ten que intentar vivir a vida o mellor que poidan.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES