Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falando con Manuel María. In Memoriam.

jueves, 07 de septiembre de 2006
Falando con Manuel Mara. In Memoriam. Hogano Manuel María,
faise segunda a túa estada,
cabo de Xesús e María,
onde a túa fonda mirada,
mergullou na melancolía,
vendo á túa terra amada,
trocada en fogueira que ardía,
cal fose agraciada ruada,
onde das mans é alegría,
danzan até mence-lo día,

I
Mais... que pena as aleivosías,
na teimosía gabexadas,
erixidas en chamas impías,
para ve-la terra queimada,
feita, en acesas faíscas,
lanzales e malfadadas,
vigorosas dirixidas,
avantando, a alancadas,
chagando entrañas queridas,
da túa terra endeusada,
sen ningún dó aldraxada,

II
Enxergo Manuel María,
quen Galicia ti aseitabas,
penso que onda ti chegaría,
cheiro de fume e de chamas,
fumes quen nubes se facían,
namentres corazóns e almas,
fóra dos trumiños fuxían,
das súas terras , das casas,
mirando dende a lonxanía,
ás veces tapando a cara,
humedicida de bágoas,

III
O teu cumpreanos Manuel,
cumprido en Sacra estadía,
verase en ti, deturpado el,
pola arraigada teimosía,
en veren Galicia sen pel,
núa da súa ambrosía,
das súas entrañas e fel,
vida,que dela facía,
anque paupérrima, verxel,
arestora en cinsas, umbría
na terra, e no cada día,

IV
Lembrado Manuel María,
dada a túa gran bondade,
a pena se adoñaría,
da túa alma en sosegade,
outeando vidas que ardían,
na terra tan de verdade,
e apreixadas se derretían,
pola arraigada maldade,
facer de solíos umbría,
estadas de escuridade,
en vastas tebras que invaden,

V
Vida, alma e corazón,
das galegas e galegos,
amadores en paixón,
de Galicia e seus vezos,
vendo en desolación,
neses feitíos tan rexos,
urdime de maldición,
quen Galicia sexan ventos,
fornecidos de traizón,
envelenando recendos,
facendo deles lamentos,

VI
Hai tempo a xente non canta,
nen traballando asubía,
e nen a ollada levanta,
nese brilo de oufanía,
cativos da pena que espanta,
os abrollos de alegría,
de todo labrego que anda,
coa terra, súa Galicia,
e manseliños devalan,
sen vislumbrar melloría,
na terra forzada a sombría,

VII
Nesta nosa, túa terra,
malpocada terra nosa,
na que por vezo se xera,
cruentas feituras dolosas,
sen darse nunca, esa era,
sexa a súa xente ditosa,
afastada da laceira,
que rebulda de teimosa,
coma tempos de lareira,
entullada en dolorosa,
na calada terra nosa,

VIII
Agardamos por melloras,
nosos mares, nosos campos,
nas sempre, febles persoas,
e o reloxo nos seus pasos,
fai resón, de segundos, horas,
resoando cales salaios,
de mariñeiras persoas,
de gandeiros infaustos,
vendo pasa-las auroras,
con elas, días, os anos,
na encrucillada mergullados,

IX
No medio de toda anguria,
argucias moi dolorosas,
salientan as feituras,
das túas mans amorosas,
de sublimes palabras túas,
nesa fragancia de rosas,
nas desoladas lenturas,
inquedas por halos de auroras,
que mirren nas desventuras,
en tódolos homes e donas,
coutados nas mouras sombras,

X
Che mando Manuel María,
apertas de vero agarimo,
pola túa bonhomía,
no meu corazón en niño,
florindo coa regalía,
de ser dono do teu cariño,
e por pedir el pediría,
ó ceo, un fachineliño,
e axexarte na estadía ,
chamarte e falar vagariño,
dos teus brilados camiños.
Arias Saavedra, Ana
Arias Saavedra, Ana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES