Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Arredor do Nadal

lunes, 14 de diciembre de 2015
Arredor do Nadal Arredor do Nadal, xira a nosa vida. A de todos. Pero especialmente a dos begontinos, que –habitantes do lugar que xa se coñece como BEGONTE DO BELÉN- temos conciencia de que un pequeño belén movido electrónicamente cambiou as nosas vidas hai agora corenta e tres anos.

Porque hoxe, todas as poboacións, os pobos, mesmo as aldeas, poden ter un belén. Incluso movido electrónicamente. Daquela -1972- Begonte foi unha excepción ao contar en tempo no que a electrónica estaba nacendo cun belén no que as figuras parecían animadas con vida propia.

E é verdade que tiñan vida, que transmiten vida; esa vida que nos contaxiaron a todos: aos begontinos e aos milleiros de persoas que cada ano nos visitan buscando a maxia, o misterio, a fe. E atopando a un pobo arredor dun belén que foi medrando, interior e exteriormente, ata facerse coñecido en todo o país galego.

Agora que un novo Nadal nos acolle, a pesar das dificultades de cada día, a pesar das traxedias que de súpeto poidan aparecer, volve o espírito nadaleiro co que máis necesitamos nestes tempos difíciles: Esperanza. E esa mensaxe de esperanza é a que desde Begonte queremos difundir, chamando a todos, esperando por todos, acollendo a todos os que se acheguen a nós cargados de boa fe. Para todos eles, para todos nós, temos mensaxe de Nadal, mensaxe de esperanza.

Que este Nadal sexa para todos ocasión de reencontro, de amizade, de fraternidade, de fe. Que todos nos reencontremos na esperanza, territorio común que a todos nos agarda para –alomenos unha vez ao ano- confortarnos; reconfortarnos. Na Paz do Nadal.


Jesús Domínguez Guizán é Presidente do centro cultural JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN, de Begonte.
Domínguez Guizán, Jesús
Domínguez Guizán, Jesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES