Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

martes, 15 de diciembre de 2015
Dúas lecturas distintas.
Somos raros. Moi raros. Se digo que o concello de Becerreá nomea Filla Adoptiva a Teresa Romero, a auxiliar de enfermería, por sobrevivir á infección que tivera do ébola, moitos pensaredes que qué moi ben, que ten iso de raro? Pois nada, pois si, moi ben. Tamén eu me alegro de que sobrevivira. Pero… voulle buscar a rareza ó asunto. E se Teresa Romero contaxiase a medio concello ou a medio Lugo ou só que fose a media familia, que opinaría agora a xente dela? Estou seguro que o de Filla Adoptiva sería loxicamente unha quimera, unha utopía. É máis, ata case aseguro que asomarían titulares como “esa condenada por que non se quedou en África”, “esa apestosa que tivo que ir cheirar alá”. Estou ou non estou no certo? E sería a mesma persoa, a mesma Teresa Romero. Dúas lecturas distintas para un mesmo ser humano. Ó mellor cometo un erro, pero creo que tal asunto non é merecente dese nomeamento; pola razón esa de se cambiaran as tornas. Seguro que a crucificaban. Dúas lecturas distintas. Pero alégrome enormemente de que sobrevivira.

A PRENSA FOMENTA OS ANGLICISMOS

Estamos nun país de ineptos. Que deixamos que a lingua galega se vaia ó carallo e a castelá ó quinto inferno. Informaticamente xa quedan moi pouquiñas palabras castelás. Todo son expresións inglesas. Que as fomenta a propia prensa española. Cada día me perdo máis nesas lecturas que meten as redes sociais por medio. Agora mesmo estou lendo a seguinte frase: “Son os hipsters os que elixen a barba e é a barba a que quere que os hipsters elixan á barba”. Falando claro: nin puta idea! Outra: “Hipsters non votan porque é mainstream”. Serei parvo, pero asegúrovos que non sei o que quere dicir ningunha desas dúas frases. E saen nun xornal que leo todos os días..., pero que cada vez entendo menos. Resumindo, que quedei a velas vir. Que tiven que pasar a outra noticia sen saber o que dicía a anterior. A propia prensa española fomenta os anglicismos. E o Goberno español e a Xunta de Galicia quedan cos brazos cruzados. Ante isto, aproveito para mandar o aviso desde aquí: escribireino mal, pero para min sempre será: feisbuq, guasap (ou mensaxaría instantánea), correo electrónico, tuiter (ou trilar), guguel. E así, tantas e tantas. Irán como as pronuncie.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES