Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia Feita Cinsa

jueves, 31 de agosto de 2006
Estiven en Galicia, respirei fume,
foi cinsa a túa beldade por ceo e terra:
¡Eu non lle daría crédito ao que me aterra,
se non queima os meus ollos o letal lume!

Eu vin queima-los montes, lixa-las Rías.
¿Quen foron os autores desta loucura,
os incendiarios cegos faltos de cura?
¡Chorade, criminais das vilanías!

Galicia, meus amigos, nunca presume,
emigra, se é preciso, tan caladiña
que o mesmo voo ardente dunha andoriña
fica baixo da negra sombra, xa alcume..

Non hai dereito, amigos, non hai dereito
a facer da paisaxe inferno mouro,
cando era para a Hispania todo un tesouro,
e foise desfacendo dun triste xeito.

¿Son algúns dos galegos fillos dos hados?
¿Foron xente de fóra, morta de envexas?
¡Os propios niñodaguias coma as igrexas
miraron a traxedia tan abraiados!

Onte foi “chapapote” quen te lixou.
Hoxe foi fogo e fume. Xa non te deixan
ser a fonda beleza, ¿E non se queixan
os anxos, teus vixías, do que pasou.?

Mais ti tes seiva nova. Rexurdirás
da cinsa cal o Fénix, ano tras ano,
e todos cantos, loucos, fixeron dano,
son muricegos cegos, voan, sen ás.

Lanzo a miña palabra como protesta,
e tamén co agarimo no teu porvir:
¡Quero, Galicia miña, bradar, sentir
que, esquecido o asoballo, rexurde a festa!

Mosteiro de Poio (13 de agosto de 2006)
Vázquez Fdez., Lois
Vázquez Fdez., Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES