Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Democracia Participativa

lunes, 28 de agosto de 2006
Xa levamos unha morea de anos con uns síntomas políticos moi preocupantes que afectan á democracia, en especial a toda a cidadanía deste país.

O que está acontecendo neses colectivos chamados partidos políticos, colectivos que milleiros de persoas loitaron por eles ao longo daquela negra sombra do franquismo, é que hoxe non son máis que instrumentos de pensamento monolítico para entreter ao persoal cada catro anos, nos dan un pequeno xoguete chamado papeleta para votar na urna e elixir uns bos ou desastrosos xefes do goberno, presidentes das Comunidades, alcaldes e concelleiros. O secreto de todo isto é que, moito antes de que a cidadanía exercite o voto nas urnas, uns grupos moi pequenos de personaxes moi “demócratas” que controlan os fíos dos partidos tanto na cúpula como nas organizacións provinciais e locais, xa teñen definido aos candidatos que lle da a gana, ou xa veñen impostos desde “arriba”.

Segundo as estatísticas, neste ano de 2006 baixou a militancia en xeral de máis do 50 por cento. A sociedade está a perder a confianza nos partidos cunha velocidade abrallante. As causas poden ser moitas, enumeralas todas non chegaría un xornal enteiro.

Nembargantes coido que ese divorcio que existe entre o cidadán de a pé e o interior monolítico dos partidos, ten un clara sintomatoloxía: os “bandullos agradecidos” dalgúns personaxes que xa perderon a súa dignidade fai tempo, pero aínda seguen conspirando dentro e fora desas organizacións e impoñendo o seu criterio con prebendas a quen as acepte, e si non se acepta xa non saen na foto. Isto non quere dicir que todos sexan iguales, moitos están con ilusión, traballo, ética e con unha moral de cabalo sen recibir nada a cambio, son dignos de admiración, non pasan polas prebendas e sempre son os eternos perdedores, son estes os que poden darlle volta á tortilla, pero o dubido moito.

Este divorcio entre a cidadanía e os partidos, a falla de participación cidadán máis democrática nos asuntos da política, a pouca crítica e a autocrítica e a elección de calquera candidato que non sexa elixido pola base, poden ter unhas consecuencias a curto prazo desastrosas para a convivencia participativa dun país democrático.

O máis grave é que xa entramos nesa dinámica de non retorno, pero aínda temos moitos resortes democráticos para recuperar a ilusión da ética política. Un deses resortes pode ser o das Lista Abertas, aínda que sexa só nas municipais, non é a panacea, pero o pobo participa na elección máis directa do candidato, e pon a cada quen no seu lugar que lle corresponde. Non é moi doado que os partidos intenten presentar algunha Lei sobre este tema, o motivo é o mesmo que veño expoñendo neste artigo. Coido que falar disto das listas abertas dentro do organigrama de calquera partido non é politicamente correcto, seguro que o ousado que o faga non volve a saír na foto nunca máis e desínchaselle o bandullo.
Cardalda, Teo
Cardalda, Teo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Loitando contra da crise: As autoridades económicas, os entendidos na materia, os implicados, saben p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información