Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (88)

miércoles, 25 de noviembre de 2015
Recordando a Berta subindo a ponte

Cousas que che quedan gravadas na cabeza, na alma ou no corazón. Non sei explicarme. Unha mañá cedo, abres a porta, ves subir a ponte unha nena cun abrigo encarnado, coa súa mochila ao lombo, toda contenta, cara a escola.

Ela non se dá conta de que a miras. Esa nena é moito para min, é a miña neta. Quedoume gravada. Cousas pequenas que che fan vivir contenta. Un sorriso. Cando a ves presumir, cando se mira no espello, cando baila cos primos, coas amigas, ata cando se enfadan. Son a nosa continuación. É bonito saber que a vida segue.

Ata Dieguiño, ese afillado, tamén neto. Non todos poden ter netos. E estes son especiais. Cando o di a familia. Pregunta se hai caldo. Parece un pouco larpeiro. Niso parécese a min. Tamén me gustaban as lambetadas.

Clara, coa súa saíña curta, camiño da discoteca. Xa vou acostumada, pois, a xente de antes nunca tal vimos. Antía, co seu balé. Esta ten tipo de artista. Pásano moi ben, pois teñen moito en que entreterse. O futuro é deles, e a nós fannos ser felices o resto dos días que nos quedan.

Recordo, unha vez, foron de viaxe. Entre os catro compráronme un bonequiño. Claro, eu tamén son unha nena, por iso valoro tanto esas pequenas cousas. Onte, dezanove de marzo, veu Antía por un lado, Dieguiño por outro, co regalo do pai: dous cadros, para que o avó non se aburra e siga pintando.

Cando eu non estea, só lles pido que sexan boas persoas.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES