Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Malditos e enmeigados sexan por vida

sábado, 12 de agosto de 2006
Malditos sexan estes terroristas do lume ,os que me están a roubar as miñas lembranzas naqueles días de camiñadas con meu avó no monte, en días quentes do estío dos veráns dos anos 60.

Malditos sexan estes bastardos, os que me deixan o monte e a terra queimada onde antano baixo a bóveda da noite chea de estrelas, xogaba cos amigos naqueles veráns onde secaban as corredoiras e camiños abondosos de lameiras no inverno.

Malditos sexan estes ruíns, os que me levaron desta terra xenerosa de altas montañas os tesouros inagotables da fauna e da flora, que como cofres naturais gardaban riquezas inmensas, os que me levaron o ar fresco e veraniego, o recendo dos pinos, os escolleitos carballos e o relucente verdor dos toxos.

Malditos sexan por vida, os que deixaron a nosa terra de negrume e sen vida, onde antano os mozos e vellos ían gozar nunha clara noite estival embaixo dunha carballeira ao pé dun río, preto do mar de Arousa onde se mesturaba os recendos da salitre coa fragrancia da herba verde, os laurees e centos de plantas da nosa querida flora. Mestura de recendos que xamais volverei a sentir. Todos estes sentimentos do querido monte, da miña terra os levarei sempre nas lembranzas ata o final da miña vida.
Malditos sexan para sempre, os que intentan trocar os meus valores. Agora e cada vez menos, non quero escoitar o ruído dunha escavadora, dunha encofradora. Non quero cheirar o cemento e dáme sarabullo cando o toco. O formigón e o ladrillo a miña mente o rexeita.
Malditos sexan estes perversos, que lle prenden lume a nosa terra, aos nosos montes. Oxalá os seus netos cheguen a bailarlles enriba da súa tumba.
Remato con un verso de Federico García Lorca onde fala das “ povesas”, que son os restrollos das cousas que arderon e que aínda non caeron no chan, aínda non son cinza, teñen un voo moi paseniño, pero teñen un destino fatal.

“Mujeres, derramad agua,
por favor;
cuando todo se quema,
solo las pavesas vuelan
al viento.”
Cardalda, Teo
Cardalda, Teo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Xustiza económica para Galicia: Galicia é a terceira comunidade que máis se beneficia económicamente de form...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información