Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falemos de Praias

lunes, 07 de agosto de 2006
Por se quedaban dúbidas, unha vez máis comprobamos que as posibilidades non son iguais para todos. Hai “outro verán” con matices. Quizais non se pararon a pensar que as praias resultan inaccesibles para persoas con mobilidade reducida.

Este calorciño invita a dar un paseo “virtual” pola beira do mar. Non sabía que me esperaba unha sorpresa. Na “Guía de praias accesibles da Cruz Vermella, verán 2006”, busquei a costa de Lugo e nin aparece citada. Seguín navegando e toda a información que atopei podemos dicir que foi nada. Simplemente no boletín Polibea-Turismo aparecen tres praias con algúns datos.

Cada vez son máis as comunidades que están a traballar na accesibilidade das súas praias incorporando servizos de persoal e de material para persoas con problemas de mobilidade. Para que se dean unha idea do que estou a falar, enumero parte do que comprende un servizo de praia adaptado: aparcadoiros reservados próximos; ramplas de acceso con varandas; pasarelas fixas de madeira e pasarelas enrolables en zonas húmidas; chalecos, bastóns e cadeiras anfibias; persoal voluntario de apoio; duchas, aseos e vestiarios adaptados; áreas de descanso con zonas de sombra... Todo pensado baixo os conceptos de “deseño universal” e “turismo para todos” co obxectivo de poder gozar da praia en condicións de igualdade.

Pero hai máis. Na concesión de bandeiras azuis tampouco se acordaron de nós aínda que un dos requisitos é “accesos fáciles e seguros para todos os cidadáns”. Tomarán nota os nosos gobernantes? Como estamos en verán, poñamos unha nota de humor e optimismo.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES