Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día do Urbanismo

miércoles, 04 de noviembre de 2015
O 8 de novembro celébrase o Dia Mundial do Urbanismo, creado pola ONU en 1949, “co fin de defender os intereses públicos da planificación urbana”.

A R.A.E. define “urbanismo” como “o conxunto e coñecementos que se refiren ó estudo, desenvolvemento e progreso dos pobos en orde ás necesidades e a calidade de vida. Un urbanismo ordenado, equilibrado e cuidadoso co entorno, sen a acción destructiva das institucións, nen concesións á especulación, é garantía dunha vida mellor”

En España tratouse o asunto por primeira vez dun xeito formal no 1º Congreso Nacional de Urbanismo, celebrado en Madrid en 1929, pero os logros non foron os esperados pois, xa entón, fallou a colaboración dos concellos. No informe da Sociedade de Urbanistas de certo país lese: “ es cuestionable que las autoridades se han entregado al albedrío de construir o remodelar espacios que con justicia generan la protesta ciudadana; ello sin considerar los indicios de corrupción. Por otro lado es el ambiental un tema olvidado que reduce la calidad de los recursos turísticos…”

É obvio o interese do urbanismo, que debería ser preocupación primordial de pobos e gobernos, mais alá dos cotiás e demagóxicos discursos tan propios desta caste política; con mais feitos e menos verbas, na defensa dun interese cidadán que , sen avergoñarse, unha e outra vez, din defender.

Do interese que os políticos amosan por cuestión tan transcendente temos os focegos mostra evidente: precisaron mais dunha ducia de anos para, tras àrduo traballo, mental sobre todo, chegar a comprender a barbarie cometida co emplazamento da depuradora; aínda que polos xornais temos novas de que agora non saben qué facer con ela. Non saben onde ubicala pois os ventos da política, que marcan o rumbo a acapataces e mesnadas ao servizo da causa, son cambiantes… ¿Precisarán pois, para decidilo, outros tantos anos? E namentres os cidadáns normais, as xentes de ben, viven entre noxentos cheirumes…..É a lección que a cotío nos dan os políticos“progresistas”… adxetivo ao que, con grande imaxinación, todos se adscriben.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES