Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A muller rural

jueves, 29 de octubre de 2015
Canto hai que contar sobre a muller rural. Nos tempos que vivimos, xa mellorou moito o rural, aínda que a muller segue traballando duro, pero xa traballa con maquinaria e é máis doado o traballo.

Eu teño as lembranzas de cando era rapaza, que onde había unha muller soa nunha casa, só descansaba mentres durmia.

Tamén é certo que, naqueles tempos, era moi raro que houbera unha muller sóa nas casas. Daquela repartíase o traballo engtre todas, e xa se levaba mellor.

Facíanse as camas tódolos días, os domingos unhas iban á misa, outras quedaban na casa e mudaban as camas, pasaban o ferro, se había que remendar algunha roupa, remendábana, as mozas fregábamos as zocas, con area fina do río para ir á misa, á feira e a poucos sitios máis.

Por isto penso que é ben merecida esta homenaxe que se ven de celebrar á muller rural.

Esguíiase ao mencer, o primeiro que facía era muxir as vacas, máis cando algunha estaba parida de pouco, pois xa berraba para que lle botaran a cría a mamar porque xa tiña o ubre a rebosar.

Nalgunhas casas tiñan 6 ou 7 vacas para muxir, e todo o tiñan que facer á man. Cada unha que muxían apartábana das outras e botábanlle algo de comer para que estivera quieta. Logo xa llesbotaban a todas xuntas. No invemo, cando chovía e iba moito frío, dábaselle un caldeiro de caldo a cada vaca. Logo dábase de comer ós porcos, ás galiñas...

Se había ovellas e tiñan algún año pequeno que se vía moi delgado, ou se a ovella traía 3, había que darlles biberón á mañá e á noite.

Se había algunha porca parida, a primeira noite habia que durmir na corte con ela por si collia algun ranchiño debaixo.

A muller era quen sempre estaba alí. Cando acababa o proceso da primeira hora da mañá, se o leite o levaba o leiteiro e non tiña que facer o queixo, aínda lle daba tempo a ir estirar un pouco a roupa das camas ou varrer o piso, que era de madeira, e de vez en cando fregábase con lixivia e quedaba tan branco que se podía come¡r nel.

A cociña que na maioría das casas era de cemento, e noutras de terra, barríase con xestas ou silvardas.

Para o queixo, o primeiro era botarlle o callado e deixalo callar. Na casa que había auga do pozo ou da traida ainda tiñan sorte, pero cando había que buscala á fonte, aproveitábase mentres que callaba o queixo.

O home ou homes, mentres que a muller facia eses traballos, ían ó monte a buscaren toxos pras bestas, ou leña pra cocer, limpar as silvas dalgún prado, ou canealos pra botarlles a auga cando lles tocaba, e logo almorzábase.

Tamen ó longo do dia a muller tiña que sacar tempo para estrar cos animais, vacas ou os porcos, se os homes non tiñan tempo por algún motivo de traballo ou tiñan que ir amañar algún papel ou outras cousas.

Había que ir andando e xa se perdía unha mañáou unha tarde, e en algún caso todo o día. Non era coma agora, que todo se lava. E se era no inverno, meter a leña pro lume porque sóhabía a calor que producían os animais.

Ese labor case sempre o facia a muller. Ó almorzar, dispoñían o traballo según para o que fora. Ás sembras e as recollidas das colleitas íase todos xuntos, e emparzábase cos veciños, pero a muller ía axudar ós homes nastarefas do campo, e unha hora antes de xantar viña para a casa para facer a comida e servía e recollía, e se lle daba tempo fregaba os cacharros e se non quedaban ata a noite, porque naqueles tempos estaba moi mal visto
que os homes fixesen nada na casa.

A muller deixaba o domingo para facer algúns traballos na casa como lavar a roupa. En case tódalas casas había que ir a un río, levábase a branca nun barreño e a escura nun caldeiro.

Cando se ía pro río non pesaba que ía seca, pero á volta viñase cargada coa roupa mollada. A muller rural coñece o sacrificio do campo, o que é arar as nosas te¡ras, cargar carros de toxo, esterco, levar a grade ó lombo, alumear con candís de gas, coser de noite con esa luz, etc.

E se por riba había crios, quen se erguía de noite era a muller.

Eu pregúntome de onde sacaban tanta enerxía e tanta forza as mulleres rurais. Tódalas mulleres e tódolos seres humanos merecemos ser homenaxeados cando facemos cousas boas por distintas causas, pero a muller rural teno moi merecido, por valente, traballadora... Dende que existe o mundo, a muller rural foi sempre loitadora.

Perdoen a vulgaridade das miñas palabras, pero esto baseeino no que eu vivín naqueles tempos de escaseces materiais, pero grandes en humanidades.

(Fina Calvo é alumna da Uned, Aula de Padrene)
Calvo Sánchez, Josefina
Calvo Sánchez, Josefina


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES