Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un paso máis

miércoles, 26 de julio de 2006
Estes días estamos a ver como remodelan (pintura azul e símbolo internacional) algúns dos aparcadoiros reservados para persoas con mobilidade reducida na cidade de Lugo. Unha vella reivindicación que se vai facendo realidade. É gratificante ver simplemente o símbolo internacional sen necesidade de engadir máis matizacións. Xa sabemos que as palabras orientan o pensamento e a persoa que vai aparcar non hai porque considerala “menos-válida”.

Unha boa sinalización é básica e representa un paso máis. Pero de pouco servirá se segue fallando a concienciación cidadá. A modo de exemplo: hai uns días en menos de media hora presenciei como aparcaban dous condutores en espazos reservados. Despois dunha correcta advertencia, a resposta foi un encollerse de ombros acompañado dun xesto de indiferenza. Nese momento pensei que mesmo poderían chamarse “aparcadoiros reservados a persoas con sensibilidade reducida”.

Primeiro loitamos por conseguilos e logo temos que seguir loitando porque se respecten. Este é o día a día da discriminación que dificulta o poder levar unha vida digna e independente. Non se entende que custe tanto comprender que non son privilexios senón unha maneira de compensar dificultades para chegar a unha igualdade de oportunidades. Sirva este comentario como unha nova chamada para facer de Lugo a cidade na que todos vexamos respectados os nosos dereitos.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES