Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (84)

miércoles, 28 de octubre de 2015
Cando casou José Juan

Era o terceiro irmán empezando polos máis vellos. Estivo seis anos na mili. Tres anos de guerra e outros tres despois.

Cando o chamaron a filas, tiña dezaoito anos. Estaba aprendendo a xastre con Daniel de Touceda; pero, xa non houbo oficio.

Licenciou. Coñeceu unha rapaza de Ambroa e casáronse. Fundaron vida na mesma parroquia, nunha casa que lles deixaron os pais dela. Fundar vida, neses tempos, era duro.

Recordo, unha noite de inverno, os irmáns cos mobles na cabeza. Fixéraos o irmán Manuel, pois era carpinteiro. Parecían bastantes cousas, pois era unha cama, o armario, unha mesa para a cociña, bancos, outra para o comedor. Pero, alí faltaba moito. Aos labradores fanlles falta moitos aparellos.

As terras estaban a campo. Non podían dar boas colleitas.

Recordo ir con meu irmán Francisco axudar a poñer as patacas. Así, foron empezando. Tiveron catro fillos. Logo, foron para A Coruña. Loitaron moito. Agora, teñen unha casa na mesma parroquia, e viven entre A Coruña e Ambroa.

Tiveron de todo na vida. Disgustos moi grandes. Pero, hai que seguir para adiante. Entreterse para non pensar tanto, e facer os poucos días que nos quedan o máis agradables posible.

A min faime moi ben a horta: plantar, sachar, coidar, mirar para a natureza, que é moi fermosa. Temos a sorte de vivir nun paraíso. Tamén os netos que nos fan vivir contentos. Temos moitas cousas boas que outros, por desgracia, non teñen.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES