Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un día para a Muller rural

lunes, 19 de octubre de 2015
As mulleres rurais constitúen a cuarta parte da poboación mundial. A súa vez, nos países en vías de desenvolvemento, representan o corenta por cen da poboación rural. Se partimos de que o setenta por cen das persoas que viven na pobreza extrema residen na zona rural, caeremos na conta da importancia que ten o implementar medidas que lles faciliten a estas mulleres o acceso á terra, ás sementes, á auga de regadío, etc., e outras ferramentas que necesiten para poder cultivar e procesar os alimentos para a súas familias e demais membros da comunidade, procurándolles unha vida digna.

Pero, desafortunadamente, ocorre exactamente o contrario. As grandes multinacionais, en África, América Latina, etc., expulsan a poboación das súas terras, privándoa da soberanía alimentaria e abocándoa á marxinalidade nos suburbios das cidades ou á miseria en terras inhóspitas. E mesmo arrasan con zonas de selva protexida para o cultivar grandes extensións de solla, millo, para manter as vacas do primeiro mundo, e outros cereais para a fabricación de biodiésel. Nunca pensando en erradicar a fame do mundo, cousa que sería posible. Sempre se ten dito e é verdade que, cos cereais que comen as vacas dos Estados Unidos, se acabaría a fame no mundo. Unha utopía, vamos! Hoxendía, móvense millóns de dólares só coa especulación dos cereais. As multinacionais aprópianse das sementes. Unhas cantas multinacionais controlan a alimentación no mundo. Así de claro e así de triste.

E, que dicir da muller rural en Galicia? A través dos séculos, as nosas mulleres cultivaron a terra coas súas mans. Coidaron os animais. Atenderon a súa casa e criaron os seus fillos. Traballaban fóra e máis dentro. E moitas delas facíano soas, sen axuda de ninguén, pois os homes estaban na emigración ou non existían. Foron auténticas heroínas.

E, aínda hoxe, seguen a desenvolver este tipo de traballo, en todas as granxas que hai espalladas por Galicia adiante. Agora, con máis medios, por suposto. E hai un montón de mulleres emprendedoras no rural galego, dedicadas ao cultivo de herbas medicinais e hortalizas, como a cooperativa Milulloa, a tres kilómetros de Palas de Rei, ao lado do Camiño de Santiago. A granxa Maruxa, co complemento da fábrica de galletas “Maruxas”, ao lado de Monterroso. E outras cooperativas, tamén dirixidas por mulleres, que se dedican ao envasado de conservas, marmeladas,etc. Unha chea de mulleres anónimas que, cada día, desenvolven o seu traballo con moito esforzo e, moitas veces, con pouca compensación económica. Pois, os gobernos dos estados non elaboran leis de protección e promoción do mundo rural. Todo o contrario, permiten que as grandes industrias de envasado e distribución, por exemplo do leite, especulen con prezos tan baixos, que non cobren o custe de produción, abocando a moitas granxas ao peche e a desaparición. E isto é a causa da ruína de moitas persoas, homes e mulleres, que viven no mundo rural.

Moitas das mulleres que participaron no noso Día da Muller rural, realizaron e realizan tarefas relacionadas co campo. As heroínas das que falábamos estaban aquí, presentes. Vaia para todas elas a nosa homenaxe e agradecemento! Todos os alimentos que mercamos a diario na cidade son froito, dalgunha maneira, do esforzo das mulleres rurais. Das de aquí e das do resto do mundo.

Finalmente, desde aquí, nós, alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, só nos queda reclamar aos gobernos dos estados e da nosa autonomía a elaboración de leis que promocionen o desenvolvemento da actividade agrícola, gandeira e forestal, sempre de xeito sustentable, respectando a natureza e o medio ambiente, para que a terra poida seguir producindo alimentos para toda a humanidade, e se erradique a fame no mundo. Que as xentes do mundo rural poidan vivir con dignidade e en equilibrio coa Natureza.
GRACIAS A TODAS!

(Mª Lourdes Pérez Freire, é alumna da Uned Senior de Xestoso, aula de Paderne)
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES