Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

FerrolAnalisis: unha publicación que dura 25 anos

jueves, 01 de octubre de 2015
Cúmprense 25 anos (29-09-1990) da presentación no Concello de Ferrol do número 1 da revista FerrolAnalisis, acto que revestiu certa solemnidade e ao que acudiron autoridades civís, militares, representacións da vida cultural, veciñal e económica. Quen ía dicir que un cuarto de século despois estaríase presentando- como recentemente sucedeu- o número 29 da publicación.FerrolAnalisis: unha publicación que dura 25 anos
Se cadra porque foi cobrando prestixio, riqueza en autores e contidos, se cadra en parte por iso está hoxe de cumpre. Tamén porque as distintas directivas do Club de Prensa de Ferrol- mención especial ao falecido Luis Mera, gran valedor de FA na última etapa- os distintos consellos de redacción e os distinto directores, xunto cos distintos mecenados que tivo ao longo do tempo, foron os auténticos motores da revista-libro, que, nestes vinte e cinco anos, só recibiu críticas favorables e eloxios de personalidades do mundo da investigación, xornalismo, ciencia, artes e letras, voces autorizadas moitas das cales foron desfilando polas súas páxinas.

De todas as maneiras, non foi un camiño de rosas. Non faltou quen quixo abortar a iniciativa, nada máis saír á rúa, ou quen co seu discurso malévolo -entendanse miserias humanas- puxo paus nas rodas coa intención de estrangular a idea en marcha. Pero á hora de facer calquera balance na vida, tamén neste caso, sempre impera ou ha de imperar o positivo sobre o negativo. Simplemente queden as liñas anteriores como proba de que nada é fácil, que detrás deste magnífico "contenedor" de pensamento e cultura hai tempo investido, desvelos e desgustos que, insisto, se eclipsan ante o éxito que tivo a publicación durante o período de vida cuxa efeméride hoxe celebramos.

Estou plenamente convencido de que FerrolAnalisis, máis aló no tempo, converterase nun "incunable" no universo das publicacións culturais españolas.

Mentres tanto, seguirá cumprindo anos, fito que continuaremos celebrando coa lóxica e razoable euforia. Non quero terminar estas liñas evocadoras sen antes confesar, como director fundacional de FerrolAnalisis, hoxe na retagarda, pero colaborando en todo o que se me pide, que na concepción da revista pesou o afán persoal de dignificar o oficio de xornalista e de exaltar o nome dunha cidade á que, atrévome a asegurar, todos os profesionais locais queremos coas súas grandes virtudes e non menos "magníficos" defectos.
Castro, Man
Castro, Man


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES