Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nova poesía Guitirica

martes, 29 de septiembre de 2015
A organización dos actos do día 2 de Outubro na homenaxe a Díaz Castro polo 25 cabodano do seu pasamento, xa provocou reaccións culturais positivas no concello de Guitiriz, o nacemento dun grupo poético local integrado inicialmente polos poetas do concello que van participar desa homenaxe: a NPG, Nova Poesía Guitirica, composta por Luz Campello (2 poemario publicados), Jaki Quintela (1 poemario), Xosé Antón Cascudo (1 poemario propio e varios colectivos) Mar Veres (publicacións colectivas e dixitais), Pastora Veres (colectivas e en vías de bn publicación o seu libro sobre Os Vilares), Fátima Fernández (publicacións dixitais e próximo libro), criaron esta iniciativa a raíz do seu encontro para organizar o evento @s Afillad@s de Pepe a través das redes sociais (facebook e watsapp).

Apadriñad@s por expertos coñecedores de Díaz Castro e da cultura que comparten grupo nas redes con este colectivo poético como son Armando Requeixo, Man Castro ou Xulio Xiz, a NPG xa é unha realidade da que Pepe (Díaz Castro) se sentiría fachendoso, pola poesía, pola mocidade dos poetas e pola súa proximidade, tanto territorial como de inquedanzas...

Algo se move en Guitiriz e non por casualidade. Nun pequeno concello chairego que aportou ás letras galegas a figura de Xosé María Díaz Castro e que teña tanta creación poética de xente moza debe ser motivo de orgullo e de apoio. A viva actividade cultural de Guitiriz a través de Xermolos, a intensa creación literaria, son a mostra de que baixo dos penedos e das augas de Guitiriz ferve un mundo de letras. Saúdos a esta iniciativa que xunta poetas novos da Terra de Díaz Castro arredor de versos na outonía.

Longa vida á Nova Poesía Guitirica, longa vida á obra de Pepe do Vilariño!
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania