Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha surrealista rúa

viernes, 14 de diciembre de 2001
O outro día sorprendeume e case abafo ante unha nova que viña nun xornal de Ourense, onde se fixo eco da noticia baixo titular: "Una placa con mucho mando". Referíase ao Alcalde de Lobeira, pobo da Limia Baixa (Ourense), que puxo o seu nome á rúa máis importante do pobo e colocou a placa na casa da súa propiedade. Acudiron a este acontecemento o presidente da deputación de Ourense e unha morea de alcaldes. O Alcalde cortou a cinta ás seis da tarde axudado polo presidente da deputación, dando así por inaugurada a rúa, rematando o xornal a crónica desta maneira: "Las autoridades entraron en el patio de la vivienda de regidor para descubrir la placa, la inauguración se llevó a cabo en medio de un estruendo fuegos de artificio que comenzaron a sonar cuando el Presidente de la Deputación Sr. Baltar llegó al municipio".
Cando rematei de ler o artigo quedei un pouco chafucado, ollei a data do xornal por si me trabucara, non fora que estivera lendo unha noticia dos anos 50. Pero non, era unha nova do século XXI. Pasei do estado de ánimo chafucado ao de abafado, e o final de todo, o meu ánimo era de mágoa.
Pasoume pola testa unhas escenas que case as asinaría o gran director de cine Francis Ford Coppola ao estilo siciliano: Unha chea de políticos e cargos públicos, os fogos de artificio, coros e danzas do Concello, campás da Igrexa a tocar no mesmo intre que chega o mandamais da Deputación, o crego, médico e boticario, todo moi surrealista. Cando espertei das escenas desa película que percorría a miña testa, dixen eu para min: esta nova non pode ser certa nestes anos nos que estamos a vivir.
Nestes intres que estou a escribir esta opinión, coido que esta nova escrita e asinada por A.R. do xornal "La Región " de Ourense do 22-II-2002, foi sacada dalgunha data de primeiros do século pasado, xa que eu aínda non a creo (poida que sexa un incrédulo) e non estiven en Lobeira para poder contrastala. Pero como teño a mosca á beira da orella, calquer día irei por eses fermosos pobos de Ourense achegareime a esa vila para ter a certeza que vivo no século XXI.
Este país conta con máis que abondo defuntos homenaxeables como para verse na obriga de agasallar a xente que está viva. E que, ademais, vaia vostede a saber (se a noticia é certa) en que remata todo este arruallo e farfalla.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES