Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Patroa de Outeiro de Rei

martes, 04 de julio de 2006
In Memoriam Manuel María (25-VI-06)

¡Xa se entreve a romaxe,
na Túa Honra Señora,
na beldade da paraxe,
ermida que nos namora!

¡Coas magnánimas pegadas,
esparexidas do seu amor,
en feitíos e palabras,
do Teu señeiro trobador!

I

¡Que gran baleiro Señora!,
¡que engado tan vagantío!,
¡no campo sen voz sonora,
ó son do zunido do río!

¡Sen voz que che recitaba,
floridos poemas da alma,
acunchándoos os regaba,
o seu corazón con brama!

II

¡¡Campo de Santa Sabela!!,
¡¡privilexiado regato!!,
¡erades coma unha estrela,
coruscando no seu canto!

¡Á Santa Patroa de Outeiro,
levada no corazón,
no sentimento el moi vero,
mostrado en devoción!

III

¡En cada recuncho de teu,
recende a Manuel María,
latexos do corazón seu,
regalados ata o día!

¡Ca Patroa lle recitou,
nese ton que el só sabía,
na súa paixón lle falou,
sabido que pronto a vería!

IV

¡E agora , Santa Señora,
nesta data da romaxe,
contigo á fita hora,
seguirá a recitarche!

¡Seus versos sumo belidos,
resoantes no Edén,
e na Chaira, nós baldíos
do resón, arelándoo ben!
Arias Saavedra, Ana
Arias Saavedra, Ana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES