Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

La Marsellesa

lunes, 03 de julio de 2006
Agora que nos atopamos na “resaca” do mundial do encontro entre España e Francia, é tempo de facer unhas reflexións polo miúdo.

Foi abrallante a actitude de moitos medios de comunicación e en particular certos xornalistas, agás contadas excepcións. Por unha banda falaban como fachendosos e soberbios. Logo algúns deste xornalistas comentaban con desprezo aos rivais. Outros ridiculizando aos equipos de Túnez e Arabia Saudí. Cando o xornalismo mestúrase con ser “forofo” o resultado é malfadado rozando a calamidade.

Algúns destes comentaristas (por sorte son poucos, pero fan moito ruído) teñen gañada a pulso unha mala fama, poñendo no ridículo a esa digna profesión e aos grandes profesionais que nada teñen que ver con estes “mandilóns” ao servicio de non sei quen ou de calquera “carallocampante”. En resume, estes señores o único que fixeron foi facer xornalismo fachendoso, faltón e de choqueiros, créndose que están nas “cruzadas” ao servicio de Isabel e Fernando (tanto monta, monta tanto).

Por outra banda, nos deron unhas vistas pola TV. de aficionados que daba vergoña allea velos con indumentarias dignas do entroido (vestidos de toureiros, de touros, con tricornios, etc...) exaltando aquela España de “panderetas e castañuelas”. Mal asunto é que se volva a utilizar o deporte como unha escusa patriótica, cando alguén dixo nos medios que a Selección é o único que nos une, a nosa seña de identidade. Xa se fixo o mesmo en tempos non moi lonxanos e os resultados sempre foron esnaquizantes.
Coido que o patriotismo non é facendo o ridículo, o ser patriota ten unhas connotacións moito máis profundas e moito máis serias tanto na ética como na moral de cada cidadán, e iso é o que conta.

Ao final rematamos (para desgracia do noso fútbol) oíndo “La Marsellesa”, o himno con letra cantada da revolución francesa.
Cardalda, Teo
Cardalda, Teo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Distincións municipais: Hai corporacións que non saben o que teñen entre mans. Por eso non imos poñ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
Oferta Presencia Web
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información