Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Século XXI cambalache

viernes, 13 de septiembre de 2002
Mira por onde. Todo quisque nesta vella Europa está a privatizar (privatiza que algo queda), sexan os roxos, brancos e de tódolos cores todos eles están por remata-lo estado de benestar. Tódolos gobernantes seica que se puxeron dacordo en poñernos a corda ao pescozo a todo o persoal.
Váicheboa dalgúns economistas saídos recentemente das Universidades que case nos fan ver que tres por tres son oito, e din coa boca chea que temos que conter a reducción do déficit e a inflación, aínda que custe mandar ao carallo a milleiros de pensionistas e obreiros ao paro. ¿En nome de quen falan estes lercháns e lizgairos de chiolada, que eles mesmos non cren o que falan?. Son unha praga social moi peculiar que só están ao servicio das grandes corporacións económicas, e cada vez que lle enchen o peto comezan a bruar e esbardallar contra o máis feble poñendo en práctica eses criterios contra a maioría do persoal, "Xoán pobo".
A algúns deberíalles cae-la face de vergoña o non poñer na práctica as ensinanzas do gran economista e pensador norteamericano Jhon Galbrait, unha voz no mundo creativa, estimulante e na crítica do sistema económico-político que os países do noso entorno están a levar nestes intres. Galbrait, declárase partidario dunha política económica que prime a creación de postos de traballo e asistencia social por riba da reducción do déficit e a contención da inflación. Considera que o esnaquizamento dos estado de benestar por esta política noe-liberal que de un tempo ata agora se nós está impoñendo, é unha condena a morte aos máis desfavorecidos. O ilustre economista, comenta que, en tempos de axustes duros "prosperidade e humanismo progresista non teñen por que ser termos antagónicos ". ¿Quen lles fala a esa caterva de mercenarios de humanismo?. Só están a maquinar en darlle voltas e máis voltas de parafuso en rematar co estado de benestar?. Cando fala algún destes cabaleiros, como os presidentes dos bancos estatais, presidentes de organismos privados ou políticos dicindo que teñen que tomar medidas drásticas de contención, á maioría do pobo só lles queda a rábea e o patamela, e gañas non lles faltan de poder aplicarlles a eles o "axuste duro" e íamos a ollar como vivían estes garoleiros. Coido que estas medidas que estanse a tomar en case toda Europa de políticas duras, de competitividade salvaxe e privatizacións dalgúns
estamentos de carácter social, imos chegar a ese pensamento único que nos queren vender, a esas liberdades que tanto están a pregoar dende tódalas tribunas. Recortes de liberdades e decisións neoliberais que se toman nos centros de decisión política e económica en beneficio duns poucos que cada vez son máis poucos, en detrimento de moitos que cada vez son máis moitos.
Que negra sombra nos agarda neste novo século que nos tocou vivir, cando temos nalgúns gobernos de Occidente uns gobernantes dunha mediocridade manifesta con uns intereses definidos que só gobernan para e por as grandes multinacionais. Que nos pode agardar ante ese gobernante do Imperio chamado Bush que está para atar. Que optimismo podemos ter o ser humano ante este elemento do Imperio, cando dí que para rematar co lume nos montes temos que talar os árbores. Coido que nas casas de saúde mental hainos máis cordos. Co esa teoría eu lle recomendaría ao Sr. do Imperio, que se quere rematar co terrorismo de altos voos, que tale tódolos grandes edificios de EEUU e así xa non poden derrubar ningún, ou se lle sae un forónculo na cara que corte a cabeza que a leve na man. O peor de todo esto é que os nosos gobernantes de Europa seguen a ese director de orquestra aínda que desafine.
Pobriño século XXI Cambalache, quizais están poñendo na práctica aquel poema cantado por Luís Eduardo Aute fai uns anos, cando dí: "para entonces no serán lo mismo un sabio que un traidor; el más judas será el que se suba al podio del honor. La mentira será ley y el simulacro institución, el cohecho por derecho y por la santa comisión........el chorizo irá embutido en su Mercedes oficial y el trilero montará su atril en la Trilateral....".
¿Será esto o que no futuro lle agarda ao ser humano neste pequeno mundo?. No momento en que perdemos tódolos valores que nos diferencian das demais especies que conviven connosco neste planeta, nese intre rematamos como seres humanos, se antes non rematamos con este mundo chamado Terra.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES