Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outra maneira de facer é posible

jueves, 27 de agosto de 2015
Andando polo camiño da vida atopámonos con infinidade de situacións.
¿Certo?
A maioría pásannos desapercibidas, pero algunhas non deixan de impresionarnos, polo menos a min.
Non sei vostede que opinará, pero a min impresiónanme os proxenitores que saben poñer límites ós seus descendentes a base de diálogo, ademais de poñer algunha medida correctora cando convén.

-GÚSTAME VER COMO CANDO UN NENO DE CURTA IDADE COLLE UNHA RABIETA; o seu pai -en voz moi baixiña e con moi bos modos- dálle a correspondente receita e –como non é a primeira vez- a criatura entra en razón aínda que o seu semblante mostre certa disconformidade; pero o acto conclúe cun choque de mans.
¡Fantástico!
Acata o razoamento de pai porque sabe que o seus proxenitores non lle permiten salta-las liñas vermellas que ten a vida.
Eses proxenitores teñen posibilidade de gañar moitas batallas cada vez que o seu pupilo colla un capricho ata que pouco a pouco vaia comprendendo que a vida ten límites.

-GÚSTAME VER COMO AS CRIATURAS VAN COLLENDO RESPONSABILIDADES DE ACORDO COA SÚAS POSIBILIDADES E COA SÚA IDADE.
Veño observando como criaturiñas de curta idade saben dá-ls grazas, saben recolle-los seus xoguetes e transportalos ó seu lugar, saben que non se pode molestar ás outras persoas cando están falando, saben cede-lo paso, saben compartir con outros nenos, saben saudar con cordialidade, saben actuar en público.
¿Por que unhas saben e outras, non?
¿Cómo se preparan unhas e outras para afronta-lo futuro?

-GÚSTANME AS CRIATURAS QUE SABEN COMPORTARSE COS AVÓS cando os pais están ausentes.
Os avós están aliviados e as criaturas, felices, contentas e educadas.

-GÚSTANME OS AVÓS QUE SABEN RESPETA-LAS NORMAS QUE OS NENOS XA TEÑEN INTERIORIZADAS, aínda que a eles lles gustara ser un pouco permisivos.

-GÚSTAME CANDO ENTRE PAIS E AVÓS HAI UNHA COORDINACIÓN e todos actúan nunha mesma liña no tocante ás normas básicas de educación da infancia.
Cando constato que hai nenos educados desta maneira chego á conclusión de que se nolo propuxeramos seriamente, outra maneira de vivir sería posible e todos sairiamos gañando.
¿Será posible ver esa sociedade algún día?

-TAMÉN ME CHAMA MOITO A ATENCIÓN: a maneira sencilla, cordial e familiar que ten o clero dunha determinada zona cando se trata de despedir a unha persoa á hora de partir deste mundo.
Tanto o oficiante –católico- como a súa familia e amistades máis íntimas fan una semblanza, -en público, ante a asemblea- da aportación que fixo a persoa defunta –alí de corpo presente- a favor da súa familia e da comunidade onde lle tocou vivir.
Compártense experiencias e vivencias que fan moi entrañable o acto polo que todos temos que pasar.
Un acto tan natural como a vida mesma que se ve “TENRAMENTE HUMANIZADO” polos testemuños das persoas que tiveron ocasión de vivir coa persoa en cuestión; xeralmente: fillos, netos, irmáns, compañeiros de traballo...
Esta experiencia é algo así como unha xustificación do noso paso por esta vida; porque o certo é que vimos a este mundo para cumprir unha misión que ningunha outra persoa podería cumprir por cada un de nós.
UNHA DESPEDIDA AMOROSA E SOLIDARIA QUE UNE Á COMUNIDADE CON LAZOS DE AMOR E FRATERNIDADE DOS QUE TANTO NECESITA A HUMANIDADE
Todos sabemos que un día ou outro, teremos que partir.
-VIVIR E PARTIR RODEADOS DO AMOR DAS PERSOAS COAS QUE NOS TOCOU CONVIVIR NO DÍA A DÍA.
- QUEDAR NO CORAZÓN DOS OUTROS.
- E DEIXAR UNHA ESTELA QUE AXUDE DALGÚN XEITO A ILUMINA-LA VIDA DOS QUE VEÑEN DETRÁS:
É O MELLOR QUE PODEMOS ESPERAR NESTA PEREGRINAXE CARA A OUTRA VIDA.

Tocoume asistir a unha despedida deste xeito e a verdade é que me impresionou por moitas razóns:
-A sencillez do acto en si:
Un sencillo féretro, onde descasaban os restos mortais do defunto: un varón de setenta e poucos anos que foi: esposo, pai, avó, profesor, compañeiro, veciño, amigo...
Un único centro de flores variadas sobre el.
Unha flor enxebre do lugar, que foi aportando cada un dos netos xunto coa súa persoal despedida.
Moitas pregarias.
-A serenidade reinante dentro da dor que se percibía.
-A participación directa ante os alí presentes de toda a familia na despedida do esposo, do avó, do pai, do irmán, do compañeiro, do amigo, do veciño…
-O entrañable das diferentes aportacións, sobre todo as dos nenos, que en todo momento souberon conserva-la serenidade aínda que as bágoas fixeran acto de presenza espontánea en máis dunha ocasión.
UNHA DESPEDIDA MOI ENTRAÑABLE, MOI EMOTIVA E MOI HUMANA.
O silencio reinante falaba por si só.
Bicos e apertas desde o fondo da alma.
Saúdos.

Encontros…porque:
“NON ESTAMOS SÓS”

Este será o título do próximo artigo porque afortunadamente son moitas as persoas que nos aprecian aínda que moitas veces non teñan ocasión de demostrárnolo persoalmente tantas veces como desexarían.
Pero á hora da verdade: “NON ESTAMOS SÓS”
Este será o título do seguinte artigo.
Agradezo que tivera a ben terme na súa consideración nesta ocasións aínda que incluira as miñas vivencias nun pasamento.
É un capítulo da vida polo que todos temos que pasar.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES