Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fin de Santiago Matamoros

lunes, 26 de junio de 2006
O Apóstolo Santiago tomou carta de natureza en Galicia, como un galego máis, como o primeiro galego, cando – se queremos segui-la tradición – veu xa morto a esta terra, e a raíña Lupa debeu renderse ós poderes daquel corpo santo.

Séculos despois, Santiago apareceu da parte dos cristiáns na batalla de Clavijo e gañou, ademáis do padroado das Españas, o sobrenome de Santiago Matamouros, e con tal advocación menudearon as imaxes que lembraban aquela presunta fazaña pouco santa se temos en conta a cualidade humana dos presuntamente masacrados.

En Galicia existen representacións desta advocación santiagueira que están a producir problemas nunha época coma esta de contacto entre civilizacións, de irmandades e de igualdades.

Foi a raiz do 11S cando se comezou a ver en Santiago con preocupación a imaxe do Matamouros existente na Catedral, por consideralo unha provocación hacia un Islam que merece respecto e non se quere incurrir nas iras dos que se sintan agraviados.

A solución, é propia da Igrexa, tan dada a ter as festas en paz: encher de frores a base do Santiago Matamouros, de xeito que estas cubran toda a base e só se aprecie Santiago a cabalo con estandarte cabalgando sobre un leito floral.

Pero esta é unha solución temporal. E mesmo, dentro da temporalidade, solución só para a Catedral de Santiago, pero non para outras estátuas pétreas que por Galicia hai. Os retoques repugnan ós amantes da arte, que non consentirán en ver mutiladas obras que levan séculos á vista de todos.

¡Quen ía dicir non hai moito tempo que unha imaxe de Santiago Apóstolo sería politicamente incorrecta!. Que Santiago Matamouros podería provocar un conflicto multiracial, internacional.

O certo é que nunca máis veremos celebracións santiaguesas que teñan ó Matamouros como elemento central. É algo para esquecer, e non sería extraño que as imaxes portátiles pasasen ó ostracismo e as pétreas (valla como exemplo a da Porta de Santiago en Lugo) experimentasen unha necesaria reforma.

Todo pola paz. E polo politicamente correcto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES