Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambiar os eixos da vida

miércoles, 26 de agosto de 2015
Dulcinea estudios lanza un novo vídeo viral no que varias parellas de nais falan dos seus fillos proxectándoos no futuro. As nais aparecen sentadas nun sofá onde supostamente van compartir a experiencia da maternidade. No transcurso da conversa vaise debuxando o carácter dos cativos, os motivos de orgullo e as aspiracións que neles proxectan os pais.

Cando fala á parella situada ao outro lado do sofá muda a visión da vida: o/a fillo/a ten unha diversidade funcional e as preocupacións, os intereses e as expectativas son outras...

No vídeo explícanse as diferenzas entre vivir a maternidade cun neno con diversidade funcional e vivila cun neno sen ela. Debo recoñecer que a primeira vez que o vin deume certo aire de sensacionalismo que non me gustou. Confundinme, lonxe disto coido que exerce unha misión concienciadora fundamental sempre que se visione co corazón aberto. O verdadeiro obxectivo deste viral gárdase no método socioafectivo que nos convida a poñernos na pel allea. Cando dúas nais falan empatizando nos sufrimentos e tecendo emocións xurde unha unión que nace nas mans e flúe no bagoar dos ollos. Esta unión múdalle os eixos da vida á nai do pequeno sa, impulsándoa a valorar o verdadeiramente importante.

O complexo deste viral de Dulcinea é que non se pode quedar aí. A empatía xerada ten que traducirse nun apoio masivo ás persoas con diversidade funcional e ás súas familias. A intencionalidade de Dulcinea parece reducirse a un simple “valora o que tes” por iso quizais sexa bo propoñerlle ir máis alá: unha vez cambiados os eixos impulsalas, tamén, a valorar as múltiples capacidades que gardan as persoas con diversidade funcional (que non só reciben senón que tamén aportan...) destacando todos os pequenos – grandes logros que os fan medrar na vida e acadar metas fundamentais no seu desenvolvemento froito do esforzo constante. Polo tanto fica por facer outro cambio de eixo no que se poñan de manifesto todas as capacidades que garda a diversidade funcional proxectando sobre elas ledicias, orgullos e futuros prometedores.

O verdadeiro cambio dos eixos da vida supón crer nos ilímites por riba dos límites, impulsando a cada persoa a desenvolverse como e ata onde queira.

https://www.youtube.com/watch?v=Kxv_lJPUzog
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES