Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Da historia normanda...

lunes, 24 de agosto de 2015
Os días 28 ao 30 do actual celébrase en Foz a V Festa Normanda, efeméride histórico-lendaria que entronca coa mais soada das tradicións populares da bisbarra.

En 1976- hai case 40 anos- publicaba este cronista o seu primeiro libro, que era tamén o primeiro que se editaba sobre aquela igrexa: “Guía histórica e artística de San Martiño”.

Cando nos afanábamos recopilando datos referidos á mesma, na vella biblioteca parroquial dimos cun vetusto documento que, extractado,dí: “el más notable, al que el pueblo canonizó como Obispo Santo, fue un Gonzalo, cuya existencia se centra en el S. IX, sin que se pueda precisar los años en los que gobernó la diócesis pues la información es debida a la tradición oral, sin documentar, lo que motivó que algunos dudaran de su existencia....”.

O Padre Flórez na súa “España Sagrada” refire tamén a personalidade deste Gonzalo, e en 1715 faino o bispo de Mondoñedo don Manuel Navarrete. En vello documento, medio carcomido polo paso do tempo, puidemos ler, referido á milagre das naves normandas: “... habiendo arribado a la costa del mar de Foz una numerosa armada de normandos que venían a robar las iglesias y habitantes y a extinguir la fe que profesaban , no fiando la defensa a las fuerzas humanas, se valió de las divinas y, desnudos los pies y con una cruz a cuestas ordenó una procesión....”, ata chegar ó alto da Grela, e dende alí implorou ó Noso Señor a sua intervención, que se consumou , “quedando todo el pueblo, y aún todo el reino, lleno de admiración por el prodigio...”.

¿Pode darse por real este feito?. O cronista omite todo xuizo de valor, xa que de tratarse, como algúns din, dunha “ cuestión de fe “, e posto que ésta é algo personal e intransferible, cada quen que administre a súa....Para nós a hipotética polémica non ten interese e apuntàmonos á coñecida sentencia : “ ...si non é vero e ben trovato” e pregúntamonos se, no seu caso, a imaxinación, o humor e o enxeño non son valores a ter en conta…: ¡disfrutemos deles!.. Cos nosos desexos dunha feliz celebración, lector amigo.

-Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz-
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES