Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cine en silencio

lunes, 24 de agosto de 2015
Aínda colea un pouco a polémica do rapaz que botaron fóra das salas de cine do centro comercial Ponte Vella de Ourense porque entrara cunha botella de auga. Xa hai uns meses pasara o mesmo cunha muller que quixera entrar con larpeiradas sen glute para o seu fillo.

A ver, é certo que os cines son dunha empresa privada e que como tal ten a vara e a besta, aínda que ti pagues unha entrada (polo que deberías ter tamén algúns dereitos). Apoio ó rapaz e á muller por moita privacidade existente. Pero creo que xa todos sabedes que son partidario de que, por lei, debería estar prohibido comer e beber nos cines.

Ti vas ver unha película, que non vas merendar ou cear. Para isto están as casas e os restaurantes. Hai que ter un pouco de educación cos espectadores (que pagaron a mesma entrada) que queren oír as películas en silencio. E ó comer faise ruído, vaia se se fai ruído.

Agora un exemplo claro e categórico para un mesmo espectador: teatro Principal de Ourense. Sala que vale para teatro e para cine. Atrévese ese espectador a comer vendo a obra de teatro? Vistes a alguén comendo no teatro? Por que a xente aguanta sen comer dúas ou máis horas no teatro e non o fai nunha hora e pico no cine?. Agora mesmo, e xa que as administracións non se aclaran coas normativas, debería saír esa lei de “cine en silencio”.

Pagamos para ver unha película e non para escoitar o estoupido de bolsas, o sorbido de bebidas, o mascar dos flocos de millo, e incluso para evitar o cheiro deses produtos. A ver se temos un pouco de consideración cara ó compañeiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES