Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Existen os ermitaños na actualidade?

jueves, 20 de agosto de 2015
Non sei cal será a súa resposta ante esta pregunta.
A min sorpendeume abondo cando alguén me dixo:
“SON ERMITAÑO”

Automaticamente a miña mente trasladouse máis de mil anos atrás pensando que ermitaños eran aquelas persoas daqueles tempos remotos que se retiraban a vivir nunha cova.
Pero pouco a poco a través duha prolongada conversa fun despexando esta incógnita.
Intentarei explicarlle a miña vivencia a este respecto.

Estaba eu nas proximidades dun santuario de moito renome en compañía dunha amiga.
Era o serán dun caluroso día do mes de xullo, cando me dispoñía a percorre-lo “Viacrucis” anexo a aquel santuario, na compañía da miña amiga.
Nas proximidades, un frade despediu a un rapaz e tamén nos saudou a nós coa man, retirándose lixeiro cara ó mosteiro.

Acto seguido, apareceu o rapaz na nosa presenza e automaticamente saudounos e entablou conversación:
-“SON ERMITAÑO” - dixo moi espontáneo.

A miña mente quedouse fría por uns instantes….e supoño que a da miña amiga tamén.
Un xove, guapo, culto, con don de palabra, simpático, agradable, alegre e cortés. Víase nel un home de mundo con moitas horas de vo.
Vestido cun pantalón de tono verdoso e unha camisa estampada, ámbolos dous bastante usados.
Nos pés: unhas sandalias que axiña sustituíu por unhas botas de alta montaña que sacou dunha abultada mochila verde que ben podería parecer a dun soldado de infantería de terra.
Cando introducíu as sandalias dentro dunha bolsa de plástico na mochila, puiden ver que naquela mochila levaba un bolo moi grande de pan dentro dunha bolsa de plástico transparente.

Como o rapaz me deixou impresionada cando dixo: “Son ermitaño”, enseguida entablamos conversación, dándome resposta a unha serie de interrogantes que eu lle ía facendo.
Como o bombardeo de preguntas era moito, nalgún momento díxenlle:
“Se consideras que che fago preguntas inoportunas ou indiscretas, -por favor-, non tes por que contestarmas”
Pero non.
Sentíase cómodo na nosa presenza e cos meus interrogantes, que por veces disparaban directos a temas sensibles.

Contestoume a tódalas preguntas, que como foron moitas e inesperadas, non me lembro de todo canto lle perguntei; pero en resume as explicacións que nos deu coincidiron no seguinte:
-Nome: IVÁN.
-Natural de Tarragona.
-Corenta e dous anos.
-Artista: pintor de cadros e traballador no mundo da moda ata fai dous meses.
-Amigo do director dunha recoñecida firma téxtil galega.
-Seu pai: industrial e súa nai ama da casa.
-Ten una irmá de trinta e algo, solteira.
-Tivo varias parellas, pero non era o seu.
-Gústanlle as mulleres, pero…
-Moi boa posición económica e “don de linguas”.
-Está repartindo os seus bens, que ten nun piso en Barcelona.
-Non se atopa cómodo tratando con “famosos”.
Di que hai moita hipocresía nese mundo.
-Tiña soños recurrentes cunha cova, que máis tarde comprendeu que se trataba dunha cova espiritual (retiro do mundanal ruido).
-Actualmente restaurando una ermida nunha coñecida montaña barcelonesa, próxima a un recoñecido mosteiro.
-Na ermida (humilde fogar), dispón de auga, luz e móbil, pero alí non hai cobertura.
-Os animais salvaxes fan acto de presenza a miúdo naquel lugar. Gústanlle. Fanlle compañía.
-De vez en cando baixa ó mosteiro onde lle proporcionan alimentos, servizo de lavandería e atención espiritual.
-Quere face-lo Camiño de Santiago.
-Vive o presente momento a momento.
-Se puidera quitar algo da sociedade actual quitaría a hipocresía.
-A súa familia o que quere é velo feliz e neste momento é moi pero que moi feliz.
-Súa nai vai a visitalo con certa frecuencia.
-Ten unha vida pasada moi chea de experiencias que non lle deron plenitude.
-Non ten medo ó futuro. Porque para el o futuro non existe.
Di que o futuro está “aquí e agora”, nas vivencias do momento. “Este momento é o presente pero o que vén a continuación xa é o futuro”-engadíu.

Cando lle preguntei como vía a xuventude actual, contestoume que toda persoa precisa crer en algo e a xuventude de hoxe cre no materialismo e no hedonismo, pero eso no enche o nivel de aspiracións do ser humano e por eso busca evadirse no vicio e na droga.
A conversa podería seguir.
A min non se me acababa a tinta; a el tampouco.
Pero…
A noite botábase encima e a el quedáballe un longo treito, montaña arriba ata a ermida con case novecentas escaleiras incluídas.
Aínda que a súa conversa era moi grata, despedímonos, esperando vérmonos noutra ocasión. (Xa me gustaría saber que foi da súa vida… ¿Iría para frade?)

El foise camiño da súa ermida en restauración que alguén queimara tempos atrás.
Esperábanlle novecentas escaleiras que subiría lixeiro como un raio se non fora pola pesada mochila.
E despois das escaleiras aínda lle quedaba un longo carreiro que o conduciría ó que é o seu actual “fogar”.

A miña amiga e máis eu aproveitamos a derradeira luz do día para disfrutar daquela paisaxe e comenta-la experiencia.
¿Sería certo todo o que nos dixo da súa vida pasada?
Non o sabemos.
As súas palabras parecían sinceras.
O certo era que neste momento é ermitaño porque nos ensinou as fotos da ermida con evidentes sinais de ser víctima dun incendio.
Tamén nos ensinou algunhas pequenas reparacións e un pequeno xardín feito por el.
Tamén puidemos observar o seu trato cun frade de aspecto xuvenil e lixeiro que demos en chamar” o “frade yeyé”
O que tamén é ben certo é que existe:
“OUTRA MANEIRA DE FACER” que será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES