Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confiar e esperar

jueves, 06 de agosto de 2015
A confianza é moi necesaria na vida:
-Dános forza para emprender un proxecto.
-Dános seguridade á hora de realizar algo.
-É una forma de enerxía que nos fai avanzar.
-É como un trampolín que nos lanza ó futuro coa certeza de que todo sairá ben.

A esperanza é una virtude que non defrauda aínda que a veces nos pareza que hai que esperar moito para ver acadado o que pretendíamos con tanto afán.
Cando prantamos unha semente, confiamos que xermolará e co tempo irá medrando ata dá-los froitos que esperamos dela.

Cando criamos un animal, observamos como pouco a pouco se vai facendo grande e logo nos dará as ganacias propias da súa especie.

¿E que pasa cos humanos?
Tanto cando planificamos como cando non planificamos un necemento, sempre, sempre se confía e se espera que vaia medrando ata chegar a ser unha boa persoa; ante todo una boa persoa e despois que adquira canta máis formación poida para que se defenda ben na vida.

Cando unha persoa se defende ben na vida, ademais de ter autonomía propia, pode facer moito ben a moitas outras persoas, compartindo o que ten, o que sabe, o que é…
Cando vemos que unha persoa, desde a súa tenra infancia, progresa adecuadamente conforme á súa idade, inspíranos moitísima confianza e esperamos moito dela.

Tal é o caso de moitísimos rapaces que son modélicos como fillos, como persoas e como estudiantes:
-Rapaces que teñen un trato correcto coa familia, coa veciñanza, co profesorado e con todos en xeral.
-Rapaces que destacan nos estudios porque teñen talento e tamén moita capacidade de traballo e un bo método para distribiuír e aproveita-lo tempo.
-Rapaces que incluso reciben premios porque destacan non tan só entre os da súa clase, senón a nivel rexional e incluso nacional ou internacional
-Rapaces que estudian durante o curso e traballan nas vacacións, tanto se as súas familias andan estreitas en recursos económicos como se non.
-Rapaces altruístas que aproveitan todo o seu tempo libre para emregalo a favor doutros.
-Rapaces xenerosos que saben compartir todo o que teñen e o que son por onde queira que vaian.
-Rapaces que saben divertirse como os primeiros pero que tamén saben traballar máis que ninguén.
-Rapaces que seguen a estela que deixaron otras persoas exemplares, que os precederon e que deixan tras de si un rasto que otros seguirán.

Este tipo de rapacería existe.

Anda polo medio de nós sen darse a máis mínima importancia.

Se non os coñecéramos, diríamos que son do montón; pero non son do montón, son os mellores.

Son persoas de moita talla que están construíndo o seu futuro e mais o futuro do noso país.
Nelas está a esperanza de que imos por bo camiño, porque mentras exista xuventude desta talla, o futuro esta segurado.

Desde estas liñas quero mostrar o meu máis sincero e profundo agradecemento a toda esa rapacería e tamén ás súas familias e ó seu profesorado, porque:
-Fanme a vida feliz co seu trato.
-Contáxianme a súa xuventude e as súas ganas de vivir.
-Danme ánimos para seguir loitando por un mundo mellor
-Dánme moita alegría para vivir a tope esta etapa da miña vida.
Non só me producen felicidade a min, senón a toda a sociedade.

Podería poñer aquí algúns nomes, pero sería inxusto porque quedarían moitos no tinteiro.
Sei que algúns lerán esta liñas e daranse por aludidos, pero todos, absolutamente todos seguirán por ese camiño tan prometedor, con esas ideas tan claras e sempre coa mirada posta nos seus ideais.

¡Ánimo, rapaces!
¡O futuro é voso!
O tempo daravos a razón.

Graciñas polo moito que vostede deixa colaborado na construcción deste mundo que tanto leva avanzado nos últimos tempos.

Agora toca seguir progresando.
“SEGUIR PROGRESANDO” será o título do seguinte artigo porque non mundo do progreso hai traballo para todos.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES