Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Retratos

lunes, 03 de agosto de 2015
Ás veces cando oio falar a certo político lémbrome de aquela substancia viscosa que lle chamaban visgo (Ao menos pola zona onde eu vivía) e que usábase para que os paxaros ficaran presos nela e logo cociñalos, disque como prato exquisito.

Arrepíame recordalo porque teño na memoria o ollar eses paxaros chirlando con desesperación mentres tiraban das patas que ficaban atrapadas nese visgo.

Seica déronse coñecer agora o custe de algúns retratos de políticos pagados cos cartos dos cidadáns que, cando menos, semellan ser un pouco caros de máis. Porén, os cidadáns temos que entender que un retrato e algo máis ca a figura dunha persoa pintada. Algo desa persoa escapa cara a ese retrato e fica alí agochada para sempre cando o pintor remata a súa obra. En certas tribos primitivas se pensaba que a alma do retratado quedaba presa no retrato e non trataban con moita consideración ao fotógrafo. Poida que,se o pensamos ben, o retratar sexa unha especie de vampirismo, xa que un bo retratista ten que afondar na psique e na conciencia do persoeiro, tanto como na presenza física; así que algo está a roubar da alma do retratado, algo que estaba agochado na simple ollada do que mira sen afondarse neses matices íntimos que singularizan á persoa e distínguena doutra.

Ou sexa, que podemos dicir que o retrato retrata e o persoeiro fica retratado de xeito distinto a como se presenta decote e o que vemos nese lenzo e a verdadeira personalidade, sen afeites nin aderezos. Soamente que se dicimos isto, esquecémonos dunha parte importante do ser cando amósase ao exterior para convencer sutilmente, con moita finura, e esa parte importante é a carauta que agocha, cunha presenza prestada, o ser interior.

Todo isto que estou a dicir non ten nada que ver con eses retratos. Non dubido de que o traballo deses pintores sexa de una grande calidade e representen fielmente aos retratados. Fallaría máis que eu poida criticar a obra dun artista.

A cousa ven de que cando estaba ollar e oír esas novas, non deixaba de pensar en Oscar Wilde e na súa novela O retrato de Dorian Grey, e pensaba se estes retratos tan caros non estaban feitos ao revés, se estes retratos non son una copia adozada deses outro retratos agochados nalgún recanto dalgún faiado do parlamento onde dentro do lenzo están presos, encandeados como con visgo, os verdadeiros persoeiros e non os deixan saír polo medo que poidan dar.
Catoira Rey, Rafael
Catoira Rey, Rafael


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES