Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A grande festa do fútbol

lunes, 12 de junio de 2006
Debo recoñecer que a pesares de non considerarme na actualidade un seguidor enfervorizado do fútbol, o singular acontecemento que supón a celebración das Copas do Mundo produce en min unha certa transformación que a veces incluso me sorprende. Parece como unha volta á infancia, pois dende moi pequeno sempre vivín con grande entusiasmo –e incluso paixón– as distintas fases do Mundial, con independencia dos resultados acadados pola selección española en cada unha das convocatorias.

Tendo en conta o interese informativo que espertan os Mundiais –e que o de Alemaña 2006 comeza o venres– quixera reflexionar nesta ocasión sobre o fútbol como entretemento globalizado. Ata a década dos oitenta foi basicamente un deporte que gozou de grande seguimento e transcendencia social, a pesares de desenvolverse nun espazo físico limitado: o estadio. Podemos dicir que o fútbol era como un circo, onde a xente ía ao campo a ver un partido, o seu partido, que supoñía todo un acontecemento local; pero despóis chegou a explosión televisiva, o fenómeno mediático, de onde naceu o grande negocio do fútbol. Ante esta perspectiva, os xestores dos equipos –ata ese intre non profesionais– plantexáronse un modelo de negocio no cal os ingresos eran limitados (abonos, socios, dereitos de televisión, vendas, traspasos de xogadores…) e se acotaban no tempo (unhas corenta xornadas por tempada como termo medio).

Foi a principios dos noventa cando os clubes ingleses comezaron a decatarse de que podían chegar a ser grandes marcas comerciais e de que o seu ámbito de actuación non era xa o mercado local, senon o mundial, o que deu en chamarse despóis a sociedade globalizada.

O modelo para explotar estas marcas ten moito que ver co de provedor de contidos. Agora os equipos deben ter en conta á audiencia global. Chegou a profesionalización de ligas como a española, antes amateur, e a transformación dos clubes de fútbol en sociedades anónimas. Hoxe o futbolista asina dous contratos: o de traballo –no que se pacta un salario pequeno– e o de cesión dos dereitos de imaxe ao clube ou a unha terceira sociedade mercantil, que constitúe a maior parte da súa retribución económica.

O negocio do fútbol move actualmente no Estado español máis de seis mil millóns de euros. Supera, polo tanto, o 1 % do PIB, unha cifra que se pode considerar desorbitada se o analizamos con frialdade. Outro dato: os clubes do mundo manexan un volume de diñeiro superior ao orzamento do Estado francés. Unha barbaridade. A importancia do fútbol é capital, ata o ponto que a victoria dunha determinada selección nos Mundiais pode ser determinante para a economía e a moral colectiva do país.

¿Que papel xogan as estrelas na práctica deste deporte? Sobre todo o de facer equipo, que non é o mesmo que sumar grandes individualidades, vivindo coa obriga de gañar e co temor de perder, como ocurriu no Mundial de 2002 cando se produciron as eliminacións de Francia, Arxentina, España ou Italia. “O fútbol é así”, a frase máis acuñada polos comentaristas deportivos, parece ser a conclusión máis doada para entender a filosofía do que se deu en chamar deporte-rei.

Por certo, o equipo español disputa hoxe frente a Croacia o último partido amistoso previo ao Mundial. Trátase dunha boa oportunidade para medir o nivel do conxunto hispano, que se estreará o vindeiro mércores 14 ante Ucrania e que terá a Túnez e Arabia Saudí como rivais nesta primeira fase. Moita sorte aos xogadores, e ao resto dos mortáis o desexo de que o pasen o mellor posible, aproveitando incluso a oportunidade de vivir a grande festa do fútbol como terapia para desconectar dos problemas, tanto persoais como profesionais.
Paz, Moncho
Paz, Moncho


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES