Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xosé Manuel Carballo, mestre

martes, 28 de julio de 2015
Falar, Xosé Manuel, desta faceta de mestre é falar da túa vida mesma porque durante a túa vida non fixeches outra cousa que ensinar, que ensinarnos …

E non me refiro tanto á ensinanza formal, que tamén, senón, e sobre todo, á ensinanza non formal e á ensinanza informal.

É verdade que no aspecto formal ensinaches tanto desde o púlpito e desde a cátedra:

Desde o púlpito sempre intentaches poñer en contacto o espiritual e intanxible co real: coas tradicións, coas crenzas, coas supersticións, coa terra ou, mellor dito, co terruño e coas xentes que o habitan,

Desde a cátedra, é dicir, desde a cadeira, ben sexa no Seminario de Mondoñedo ou nas escolas de Castro de Rei.

(Entende que o da cadeira dígoo en sentido figurado porque non me imaxino que tu, un pura sangre, nervioso, explicaras ao alumnado sentado nunha cadeira senón máis ben levitando entre as mesas da clase ….)

Esta faceta túa, con ser importante, non me parece a máis transcendente. Para min a máis importante ….

… é a que impartiches desde escenarios improvisados no rural galego conseguindo non só o aplauso dos próximos senón tamén o recoñecemento dos lonxanos e a transcendencia alén de Galicia e incluso do mar océano.

E logo está a túa faceta na educación informal, esa que se fai ao longo da vida, en cada conversa, en cada xesto, en cada experiencia diaria, …

Tu ensináchesnos

1. Manexando maxistralmente uns aros e outros aparellos cos que nos dás unha lección sobre a necesidade de compartir, de cooperar, de asociarse, de ser solidarios, de pelexar xuntos pola igualdade de dereitos e oportunidades, … Tamén nos ensinaches ….

2. Escribindo sobre a Chaira e as súas xentes e invitándonos a abrazarnos a ELA apaixoadamente para sentir na propia carne cada latido, cada golpe, cada agresión, cada ferida aberta, cada esquecemento....

… aprendendo con Ela o padecemento das xentes que a habitan: o desgarro de cada irmán que sofre, de cada fillo que morre, de cada casa que se pecha, de cada ancián que esmorece, asolagado, baixo un mar inmenso de bágoas de soidade.

Finalmente educáchesnos …..

3. Transmitindo, coa túa mesma vida, os valores nos que se recoñece a nosa cultura occidental: a importancia da familia, a solidariedade dos veciños, a alegría da amizade, a garantía da tolerancia, a transcendencia da honradez, a necesidade imperiosa da xustiza social que dea prioridade aos pobres, aos desfavorecidos, aos desherdados, …

Ben é verdade que todo isto non é mérito exclusivo teu porque tiveches moi bos mestres:

1. Por un lado aprendiches do “MESTRE”, aquel que dixo “Chamádesme mestre e decides ben, porque o son”. EL tamén utilizou a ensinanza informal para deixarnos a súa mensaxe: os sermóns, as parábolas, os milagres, a propia vida marcada polo compromiso, pola axuda aos próximos, pola solidariedade cos desfavorecidos, cos pobres, cos enfermos, coas Magdalenas, ….

2. Por outro lado contaches coa MAESTRÍA da cultura popular galega da que da que ti es fillo lexítimo.

Mamáchela desde a primeira chupetada da teta materna;

Aprendíchela na lareira, nas corredoiras, nas leiras;

Interiorizáchela lendo a Castelao, a Noriega, a Leiras, a Aquilino Iglesias, a Neira Vilas, a Crecente Vega, … para logo facela túa vivindo en consonancia coas tradicións e cos valores aprendidos dos antergos, pelexando por mellorar a realidade, empurrando o carro en vez de subirte a el ….

Así pois, pasaches a vida aprendendo e ENSINANDO:

• Ensinaches do divino: das crenzas, da relixión, da fe …

• Ensinaches do humano: teatro, comunicación, radio, periodismo, en definitiva, humanismo, …

• Ensinaches maxia, ese lugar no que conviven o divino e o humano ... (Non sei se vostedes saben que eu teño un amigo, Alfonso Díez Yáñez, tamén mestre e ilusionista, que foi aducido ao mundo da maxia na cama dun hospital no que compartía habitación con X. Manuel)

• Ensinaches compromiso:

o Coa NAI, coa TERRA NAI

o Cos seus fillos, os fillos desta terra

o Coa cultura popular

• Ensinaches cultura, fixeches cultura ...

• Ensinaches a morrer e, sobre todo, ensinaches a vivir

Para min, X. Manuel, ti es un ENSINANTE. Sempre o fuches e segues a selo.

AGORA MESMO, coa túa circunstancia persoal, ESTASNOS DANDO UNHA GRANDISIMA LECCIÓN DE CONSTANCIA, DE ESFORZO, DE SUPERACIÓN PERSOAL, DE LOITA VITAL ….

facendo honor aos teus apelidos: “duro”como a cerna de “Carballo”, resistente ao desánimo como un “Ferreiro” golpeando o ferro contar a ingre.

Para min tamén es un MESTRE: do mundo dos espíritos, da comunicación, da convivencia, do ilusionismo, da maxia, da cultura, do compromiso e, sobre todo, DA PALABRA …

Ti es un bo mestre porque nunca fuches un RESENTIDO. Como dicía un tal DON OTTO, un alemán que fai uns anos deu unha volta pola Chaira, “ningún resentido pode ensinar co aplomo que require a docencia, se ha de ser humanizante e integradora nunha sociedade de non resentidos”.

Pero, sobre todo, eu creo que ti, mais que mestre, es fundamentalmente, UN DRUÍDA.

Como ben sabes O druída é “un home con autoridade que, entre os antigos pobos celtas exercía funcións de cura, de profesor, de político e de xuíz”.

(Estarán vostedes pensando que cura, si, ….e profesor , tamén … pero político e xuíz ………. pois tamén... Se por político entendemos aquel que busca o benestar dos demais,…. Xosé Manuel encaixa moi ben nese perfil. Ademais lembrarán que foi concelleiro, tempo hai, aquí, en Castro de Rei).

En canto ao de xuíz, eu creo que ti es un home de paz que pelexas constantemente pola mais importante das xustizas: A XUSTIZA SOCIAL…..

… Para coñecer a túa idea da xustiza social basta lembrar as palabras que DON OTTO pronunciaba diante de quen o quería oír:

“Non ten porque un “Carballo” asombrar a un “Piñeiro”, nin un “Piñeiro” a un “Carballo”, aínda que ambos e dous medren nunha mesma leira”.

En todas as túas facetas, como cura, como mestre, como mago, en definitiva, como druída, o teu INSTRUMENTO PREFERIDO foi A PALABRA, con maiúsculas ...

Ben, pois eu quero rematar esa intervención usando tamén A PALABRA (con minúsculas), pero non a miña senón a de CELAYA, a de Gabriel Celaya, (palabras maiores) un home, un poeta que, coma ti, sentiuse comprometido coa sociedade que lle tocou vivir e que escribiu un verso moi fermoso dedicado Á EDUCACIÓN que en definitiva é ao que ti te dedicaches.

O verso di así:

Educar es lo mismo
que poner un motor a una barca
hay que medir, pesar, equilibrar...
... y poner todo en marcha.

Pero para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino, un poco de pirata...
un poco de poeta...
y un kilo y medio de paciencia concentrada.

Pero es consolador soñar mientras uno trabaja,
que esa barca, ese niño,
irá muy lejos por el agua.

Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia pueblos distantes, hacia islas lejanas.

Soñar que cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá nuestra bandera enarbolada.

(Federico Pérez Morán é profesor e Inspector de Educación).
Texto da súa intervención en Castro de Rei, o 12 de xullo de 2015, na presentación do libro homenaxe a Xosé Manuel Carballo Ferreiro, "Cerna de Carballo".
Pérez Morán, Federico
Pérez Morán, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES